Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

O máis lido en Lindeiros do  16 ao 20 de xuño

o mais lido slide 21 xunho 2025

Cada fin de semana repasamos o máis lido en Lindeiros nos cinco primeiros días da semana. Aquí tes as novas que máis interesaron do 16 ao 20 de xuño.

O que sucede nos concellos segue a interesar e moitos dos nosos lectores e é do máis lido, lóxico se pensamos que son cousas que afectan á veciñanza de forma directa ou indirecta. O caso do alcalde de Touro da para debate; despois de perder os fondos do Plan Único da Deputación (máis de setecentos mil euros) fixo o mesmo que lle dixeron desde o organismo provincial que non servía, emitir un decreto para o plan adicional. Ten tempo de levar ese plana pleno e aprobalo tal como marcan as bases pero terá que convencer á oposición, da para unha serie.

Noutro concello, Brión, atopamos dúas noticias no top 5 do máis lido. Por un lado a sentenza que obriga a un pago de horas extras ao Grupo de Emerxencias, o GES, que suporán uns 165.00 euros. Por outra banda está  inusual acordo entre Psoe e PP para sacar adiante certos temas ata final de mandato; acordo que inclúe unha dedicación de 600 euros brutos para un concelleiro do PP.

Como non podía ser doutro xeito o caso “Koldo” salpica a Compostela e aos edís expulsados do Psoe. Os agora non adscritos lembran que a expulsión a asinou Santos Cerdán pero din tamén que na elección de Aitor Bouza “inchouse o censo” antes de que fora elixido como secretario da agrupación local.

E rematamos coa modificación do plan especial o casco vello de Compostela. O primeiro dos cambios ao que seguirán dous máis. Nada de novas tendas de recordos, nada de máquinas automáticas e revisión dos usos comerciais. Búscase manter o comercio tradicional e preservar os comercios históricos ou con elementos destacables (mostradores, fiestras, columnas…). Facilitar a vivenda en estes espazos dividindo os pisos máis grandes en dous é outra das cousas que poden xerar cambios importantes,

O alcalde de Touro vai por libre
Brión condenado a pagar 165.000€ ao GES
A expulsión dos concelleiros do PSOE salpicada polo caso de Santos Cerdán
Primeiro paso para unha profunda remodelación do casco histórico de Compostela
Acordo, polo que queda de mandato, entre o Psoe e o PP de Brión

Post navigation

Previous: As vivendas que se constrúan en Peleteiro serán “accesibles”
Next: A Rapa das Bestas de Sabucedo segue esperando pola declaración BIC

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.