Cada fin de semana repasamos o máis lido en Lindeiros nos cinco primeiros días da semana. Aquí tes as novas que máis interesaron do 14 ao 18 de abril.
O máis lido esta semana foi o arranxo da estrada que comunica A Baña con Va do Dubra, pero dous novas sobre a mina de Touro o Pino foron protagonistas. Que o goberno municipal de Touro votara en contra dunha moción en contra da mina porque “estaba baseada en informacións xornalísticas” é sorprendente cando o concello ten colgada unha pancarta en contra da explotación. Soprende aínda máis cando precisamente outra das novas máis lidas ten que ver coa petición da fiscalía para que se abra xuizo oral contra os propietarios.
Na parte máis lúdica entre o máis lido está a reapertura do museo das minas de San Finx, en Lousame. Un lugar cunha historia moi interesante, no que morreron moitos traballadores e que foi nos seus comezos punta de lanza da industria galega.
