Cada fin de semana repasamos o máis lido en Lindeiros nos cinco primeiros días da semana. Aquí tes as novas que máis interesaron do 13 ao 16 de outubro de outubro.

O máis lido da semana foi a esixencia do concello de Negreira á Xunta de Galicia para que acepte os terreos para o novo centro de saúde. O actual centro de saúde xa non aguanta moito máis e hai que poñer unha solución máis definitiva que os arranxos que cada certo tempo se fan.
Tamén é un problema repetido os problemas de abastecemento de auga en Touro; por mal funcionamento da captación que é insuficiente para hoxe en día, e polas perdas na infraestrutura como sucede en tódolos concellos. O novo goberno encargou xa un proxecto que espera poda resolver estas eivas.
Esta semana falamos co alcalde da Baña, José Antonio Pereira, sobre o que levamos e o que queda de mandato. Un tempo marcado pola débeda herdada, case solucionada, e o xuízo aberto ao ex alcalde por unha presunta apropiación de teléfonos do concello.
E dous temas relacionados coa auga. O enfado en Ponte Maceira pola negativa de Augas de Galicia a acometer de inmediato o arranxo da presa, non considera a obra prioritaria. E por suposto a contaminación no Sar que aínda segue coleando e que seguirá tamén a vindeira semana.
