Cada fin de semana repasamos o máis lido en Lindeiros nos cinco primeiros días da semana. Aquí tes as novas que máis interesaron do 12 ao 16 de maio.

Esta semana era previsible que sería o máis lido. O artigo sobre a situación no colexio de Ventín levantou polémica e malestar. Sen ter intención de “incendiar” nada, só tratamos de reunir nun artigo os datos verificados dos que dispoñíamos. Tras a publicación dun segundo artigo coas posturas dalgúns profesores parece que o balbordo rematou aínda a situación non mudou.
A política estivo presente esta semana. Por unha banda a renuncia da voceira socialista en Lousame abre outra pequena crise no partido. A cuestión de confianza vinculada aos orzamentos de Dodro deixa un escenario aberto a unha, parece improbable, moción de censura.
Na parte máis cultural, sempre con lectores, está a presentación do libro de Fernando Franjo sobre todas esas placas e estatuas que viven nas rúas de Compostela e que moitas veces descoñecemos. Tamén aparece a nova edición de Pintas de ciencia que sempre ten unha boa acollida aquí e en medio mundo.