Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo

O grupo Chévere recolle o premio nacional de teatro

2/6/2016 –  A compañía de teatro Chévere recibiu esta mañá na Catedral de Palencia o Premio Nacional de Teatro 2014. Os integrantes do grupo, inmersos na preparación dos seus proxectos creativos, non puideron achegarse a recollelo e delegaron no Concello de Teo, do que a compañía é residente. A institución local estivo representada polo primeiro tenente de alcalde, Ignacio Iglesias, e pola concelleira de Cultura, Pilar Faxil. O acto, no que se entregaron os premios de 2014 e 2015, contou coa presenza dos Reis de España e do ministro de Educación, Cultura e Deportes.

Un momento da cerimonía con tódolos premiados

No seu día, o xurado argumentaba a concesión do premio, dotado con 30.000 euros, na capacidade de Chévere para transgredir xéneros e pola súa vertente humorística e participativa. Valoraba especialmente a súa “coherente traxectoria de creación colectiva baseada en fontes do teatro documento e na transgresión de xéneros”, así como a súa constante conexión coa realidade social e económica. Outro dos méritos que recoñece o premio é o “forte compromiso” da compañía co ámbito cultural galego, sobre o que asenta a súa “crecente proxección internacional”.

Ignacio Iglesias e Pilar Faxil destacaron a relevancia que este recoñecemento ten para a compañía residente no Concello e para a aposta que o goberno teense efectuou nos últimos anos por ofrecer unha programación teatral da máxima calidade e á vez capaz de atraer tanto á poboación do municipio como ao numeroso público doutras localidades que se achega a ver as representacións de Chévere ao Centro Sociocultural da Ramallosa.

Table of Contents

Toggle
  • Contrato como compañía residente
  • Volven as Ultranoites
  • Sobre Chévere

Contrato como compañía residente

Precisamente, a recepción do Premio Nacional de Teatro coincide coa sinatura, este mediodía, do contrato entre o Concello e Chévere para ser a compañía residente por dous anos máis, prorrogables por un terceiro. A entidade foi seleccionada nun concurso público. Deste xeito, o Concello garante a continuidade dunha programación de actividades culturais estable e con prestixio.

Coa sinatura deste contrato, o goberno municipal que encabeza Rafael Sisto explica que Chévere seguirá contribuíndo ao desenvolvemento cultural do concello, cun proxecto teatral recoñecido internacionalmente e capaz de rendibilizar o uso das infraestruturas culturais municipais.

Volven as Ultranoites

A nova etapa na relación entre o Concello e Chévere comeza coa oferta de catro Ultranoites neste mes de xuño. Vanse representar no Centro Sociocultural da Ramallosa os venres 3 e 10 e os sábados 4 e 11. As entradas están á venda por adiantado nos establecementos A Santa Sede, A Capilla, A Senra e Panadaría San José, así como na páxina web http://redenasa.tv. Tamén se poden obter na taquilla o propio día da función.

Sobre Chévere

O grupo Chévere naceu en 1987, polo que o vindeiro ano cumprirá tres décadas. Dende a súa creación, tense convertido nunha referencia no mundo escénico galego, destacando a apertura da Sala Nasa no 1992 onde estrea todas as súa obras. Nos anos 90 realiza máis de 200 funcións en España e Portugal co musical Río Bravo. No 1995-96 estrea Annus Horríbilis, con temporada en Madrid e Barcelona onde recibe o Premio da Crítica de Barcelona. No 2005-06 Chévere co-produce para a TVG a serie “Pepe o Inglés”. Posteriormente viría a coprodución da longametraxe “Crebinsky” e as obras Testosterona e Citizen. En 2012 trasládase ao Concello de Teo como compañía residente, abandonando a Sala Nasa. ‘Eroski Paraíso’ é o seu gran espectáculo máis recente, o primeiro tras a concesión do premio recollido hoxe.

Post navigation

Previous: Suscríbete!
Next: O goberno municipal de Ordes non consigue aprobar os orzamentos

Máis novas

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

teo rois obradoiro dual 30 setembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Rois e Teo seleccionarán 20 persoas para un novo obradoiro dual de emprego

PUBLI TEO RUTA ROMAINICO SETEMBRO 2026
1 minute read
  • Xeral

III Ruta do Románico Teense

bng-parlamento-ag-59-slide-normal-3-outubro-2022_r
3 minutes read
  • Xeral

Piden melloras en Pontevea, Teo, despois da ampliación da AG-59

Lucía Calvo de la Uz alcaldesa de Teo polo Partido Popular
4 minutes read
  • Entrevistas

Municipais 2027: Lucía  Calvo, alcaldesa de Teo

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

Alfonso Rueda percorrendo o novo tramo da AG-59
3 minutes read
  • Xeral

A Estrada máis cerca de Compostela

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.