Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

O  GDR Terras de Compostela fórmase en calidade turística

Pico-Sacro-115-slide_r

Table of Contents

Toggle
  • Bisbarra,10 de febreiro das 2019 – O equipo técnico do  GDR Terras de Compostela, responsable da xestión de parte do Xeodestino Terras de Santiago, asistirán ao longo da semana a un curso de formación sobre a homologación de calidade turística  Sicted.
  • Destinos  Sicted
  • Compromiso mutuo

Bisbarra,10 de febreiro das 2019 – O equipo técnico do  GDR Terras de Compostela, responsable da xestión de parte do Xeodestino Terras de Santiago, asistirán ao longo da semana a un curso de formación sobre a homologación de calidade turística  Sicted.

O  GDR Terras de Compostela converterase no primeiro Destino  Sicted na provincia da Coruña e o segundo de toda Galicia. A incorporación producirase dentro da tipoloxía Turismo Rural.

Destinos  Sicted

O  Sicted é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo (SET), co apoio da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

A metodoloxía  Sicted dota aos territorios dunha programa de traballo  que consegue un nivel de calidade homoxéneo en todos os servizos ofrecidos. Os destinos  Sicted dispoñen de ata 32 manuais de boas prácticas para outros tantos oficios do ámbito turístico.

O curso de formación ao que asiste o equipo técnico do  GDR Terras de Compostela é o primeiro paso para poder formar posteriormente aos distintos establecementos que se adhiran. O fin último é que o Xeodestino  terras de Santiago, nos territorios xestionados desde o  GDR, consiga a homologación Sicted.

Compromiso mutuo

Os establecementos que se unen adquiren un compromiso de boas prácticas e a cambio obteñen recursos como un plan de formación, visitas de asistencia técnica por parte de asesores homologados, talleres colectivos, etc.

Actualmente existen en toda España 190 Destinos  Sicted con máis de 7000 empresas adheridas que desenvolven 35 oficios distintos.

Post navigation

Previous: Fairway, a Feira do Camiño de Santiago abriu as súas portas en Compostela
Next: Exposición de fotografía da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.