Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Músicas na linde
  • Ordes
  • Xeral

O Gaiteiro de Vilaverde terá unha estatua en Ordes

Manuel Viqueira Vieites, O Gaiteiro de Vilaverde, será homenaxeado en Ordes o vindeiro día 31

Cartel que anuncia o acto de homenaxe a Manuel Viqueira o gaiteiro de Vilaverde

Ordes, 08/05/2026 – O pasado 26 de febreiro o pleno do concello de Ordes aprobaba por unanimidade a cesión dun espazo no Campo da Feira (Zona peonil, diante do Museo do Traxe) para colocar un busto de granito en recoñecemento a Manuel Viqueira Vieites.

O coñecido como Gaiteiro de Vilaverde, finado no 2015 aos 80 anos de idade, era coñecido así pola aldea na que naceu. A Asociación Grupo de Gaitas O Viqueira de Ordes foi a que presentou a solicitude acompañada de máis de 600 sinaturas.

A escultura, feita na Marmolería Suso de Ordes, será inaugurada o domingo 31 de maio ao mediodía, contando coa asistencia de autoridades, familiares, membros da Asociación así como moitos gaiteiros e grupos de música tradicional afíns a Manuel.

A homenaxe comezará ás 11:30h cunha concentración gaiteira na Alameda de Ordes, Tocarán ao unísono a “Muiñeira das Penedas” peza do repertorio propio de Manuel.

Da alameda sairán tocando por distintas rúas ata chegar ao Campo da Feira. Ás 13 h. descubrirase o busto na súa memoria como recoñecemento  a súa longa traxectoria e aportación á música tradicional galega. A partir das 16h. Haberá Foliada aberta a todos os que queiran participar e sumarse á festa.

Post navigation

Previous: Abraham Boba, lider de León Benavente, dirixirá un laboratorio de cancións en Santiago de Compostela
Next: A Romaría das Flores e o ComposFest citas imprescindibles da Ascensión

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.