Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Compostela
  • Touro

O fondo documental do Pazo de Andeade incorpórase ao Arquivo Histórico universitario

A doazón ten un notable valor para a investigación sobre a historia de varias liñaxes galegas

Momento da entrega da documentación do Pazo de Andeade ao Arquivo Universitario

Compostela, 1/07/2026 – Hai case doce anos que Lindeiros mostraba a beleza e a historia do Pazo de Andeade en Touro na súa edición en papel. Hai un ano recuperabamos para a edición dixital aquel artigo coma homenaxe a Elena Vázquez falecida a finais de xullo do 2025.

O motivo para volver a falar do Pazo de Andeade é hoxe máis alegre. Os fondos documentais que atesoura esa casa grande de Touro veñen de ser doados ao arquivo universitario. Xunto a eles todo o traballo de investigación realizado por Benito José Vázquez Permuy, señor do pazo, sobre a historia familiar.

A doazón tivo lugar nas instalacións do propio arquivo universitario nun acto no que participaron a reitora da USC, Rosa M. Crujeiras; a vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio, Ana Cabana; a directora do Arquivo Histórico, Desirée Domínguez; e María Alejandra e Raimundo José Vázquez López, fillos de Benito José Vázquez e doadores do fondo.

O fondo familiar do Pazo de Andeade está conformado por documentación nobiliaria dos séculos XVIII e XIX, un debuxo dun plano da propiedade e documentación nobiliaria dos séculos XVI ata principios do s. XX de carácter patrimonial, administrativo, xenealóxico e persoal das distintas liñaxes familiares vinculadas ao pazo.

Dóanse tamén tres árbores xenealóxicas de grande formato e o traballo de investigación realizado por Benito José Vázquez Permuy sobre a historia familiar desde as súas orixes, que contén copias de documentos de varios arquivos, fotografías e apuntamentos históricos realizados como material para un libro que non se chegou a publicar.

Para a directora do Arquivo esta documentación nobiliaria ten un notable valor para a investigación sobre a historia de varias liñaxes galegas: Andeade, casa e morgado de Leiro Grande, Casa Torre e Fortaleza de Castrobasto de Sar (Bama).

Ademais, “coa súa custodia e posta a disposición para o seu estudo e análise, estase a contribuír á correcta preservación dun fondo documental que, sen ter chegado a nós dunha maneira íntegra, constitúe a única agrupación documental existente sobre a historia da familia”.

A doazón contén tamén documentos que testemuñan o vínculo de antepasados da familia coa Universidade de Santiago de Compostela como, por exemplo, o de Joaquín Verea y Aguiar, que ademais de xuíz da xurisdición de Budiño foi doutor en xurisprudencia, e mediante distintas proposicións (hoxe en día enmarcadas) como as de Jacobo José Aguiar y Mella, Manuel Sánchez y Núñez e Francisco Otero Porras que demostran de maneira patente o seu respectivo paso pola institución.

Neste sentido, merece unha mención especial a documentación existente sobre Benito

María Hermida y Verea (Santiago de Compostela, 1825-1905) por tratarse dun coñecido político galego vinculado moi estreitamente ao monterismo. Fillo de Humberto Ramón de Hermida Bazán e María del Pilar Verea de Aguiar San Mamede, foi señor das casas de Andeade, Cumeiro, Leiro Grande, Osebe, Loureiro, Salmonte e Rosende, ademais de alcalde de Touro en 1857, deputado polo distrito de Arzúa e senador pola provincia da Coruña durante varios anos. Dirixiu tamén a Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, e foi recoñecido como cabaleiro da Real Orde de Carlos III e distinguido coa Gran Cruz de Isabel a Católica.

Finalmente, xunto ao fondo nobiliario, a doazón tamén contempla a entrega do traballo de investigación realizado por Benito Vázquez Permuy, consistente en 251 unidades de instalación que acollen a compilación documental realizada durante anos para unha publicación sobre a historia da familia que finalmente non chegou a ver a luz pero que ten interese, en todo caso, polo traballo que deixou avanzado e as fotografías ilustrativas que realizou durante o proceso.

Post navigation

Previous: Teo pon en marcha unha nova campaña informativa sobre a fracción orgánica
Next: O cine ao aire libre volve á Alameda de Compostela

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.