Compostela, 25 de agosto do 2021 – Compostela acollerá dentro de un mes a edición 2021 do Festival Maré, de músicas e artes atlánticas.
O Festival Maré naceu en Pontevedra no ano 2003 e en este ano traslada a súa sede a Compostela. Será do 23 ao 26 de setembro, cun aforo reducido debido á situación sanitaria.
WARETHWA!!!
O lema de Maré 21 é Warethwa!!!, unha palabra que procede do chopi, unha das linguas locais de Mozambique, e significa “avante”. Durante catro días, Maré 21 reunirá artistas de máis de 10 países en máis de 30 concertos, entre os que haberá dúas estreas mundiais e oito en Galicia.
O obxectivo primordial o mesmo co que naceu: situar Galiza no epicentro global a través dun mapa de conexións cos territorios atlánticos. Maré será un territorio de diálogo intercultural a través da música, o circo, a poesía e outras artes.
Artistas
O Festival ven de presentar o cartaz que acolle figuras dun altísimo nivel e traxectoria consagrada. Ao mesmo tempo póñense a venda 100 abonos reducidos na web de Maré 21.
De Brasil (Japa System, Bia Ferreira, Jéssica Caitano e Luana Flores) a Cabo Verde (Maria Alice & Jon Luz), pasando por Colombia (Elkin Robinson), Mozambique (Timbila Muzimba), Catalunya (Maria Arnal i Marcel Bagés, Ferran Palau, Albert Pla), Arxentina (Nación Ekeko), Portugal (Marta Miranda, Luiz Caracol) ou Galiza (Verto, Familia Caamagno, Davide Salvado, Maleducadas).
Maré 21 apoia de xeito decidido a diversidade, o achegamento e intercambio cultural entre territorios e sociedades que comparten lazos lingüísticos, históricos e outros sentimentais.