Ordes, 25 de maio do 2021 – Manolo Regos, ex alcalde de Ordes, está sendo xulgado por un presunto delito de prevaricación na concesión de licencias a locais de hostalería.
Regos abandonou a actividade política tras presentarse nas eleccións do 2019 e conseguir tres actas de concelleiro. A acusación particular pide para el 12 anos de inhabilitación según informa Europa Press.
O xuízo parte da denuncia de un particular e celebrou a vista este luns. Regos explicou que as concesións de licencia fixéronse en base aos informes dos técnicos municipais. Engadiu que se limitou a firmar os acordos da Xunta de Goberno Local que el presidía.
A defensa do ex alcalde atribuíu a denuncia a motivos políticos. Regos tamén explicou que nn se recibiran queixas dos veciños polas licencias ou os horarios de apertura dos locais. Según el a única denuncia foi a que motiva o xuízo e foi presentada por un “familiar do alcalde”.
Manolo Regos tamén dixo na súa declaración que o obxectivo da denuncia foi prexudicalo antes das eleccións municipais do 2015. Tamén engadiu que moitas das licencias databan de antes da súa chegada ao cargo. Recoñeceu ademais que durante o mandato recibira un informe do Valedor do Pobo que indicaba a necesidade de cambiar as licencias de moitos locais xa que a maioría eran de pub.