Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

O estudos dos esqueletos infantís no ciclo da USC ‘As mulleres dos mortos’

usc-charla-as-mulleres-dos-morots-slide-27-marzo-2019_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 27 de marzo do 2019 – O ciclo ‘As mulleres dos mortos’ alcanza o seu ecuador coa terceira das conferencias programadas, titulada ‘Os esqueletos dos nenos tamén falan’ e impartida por Carme Rissech, docente e investigadora nas universidades de Barcelona e Girona.
    • Red Consiliencia

Compostela, 27 de marzo do 2019 – O ciclo ‘As mulleres dos mortos’ alcanza o seu ecuador coa terceira das conferencias programadas, titulada ‘Os esqueletos dos nenos tamén falan’ e impartida por Carme Rissech, docente e investigadora nas universidades de Barcelona e Girona.

A partir das 20.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Bioloxía, Rissech falará sobre como crecen o esqueletos humanos e as dificultades de ser nenos/as no pasado, con particular atención ás enfermidades ou aos problemas de crecemento e alimentación. A asistencia a ‘As mulleres dos mortos’  é libre e gratuíta ata completar o aforo.

Na conferencia comparará tamén o proceso de desenvolvemento dos humanos co doutros primates e como se teñen marcado os efectos de determinadas enfermidades ou a falta de alimentación nos corpos de nenos/as que viviron hai centos ou miles de anos. Como explicará a conferenciante, os estudos neste ámbito -unha disciplina aínda nova- revelaron que a infancia era unha realidade moito máis complexa do que se cría. Ademais, o estudo destes restos da antigüidade gardan información valiosa para a súa proxección cara o futuro con aplicacións para a resolución de casos forenses ou mellorar as condicións de vida dos máis cativos no presente e no futuro.

As promotoras desta iniciativa, a investigadora Olalla López-Costas e a profesora María Loureiro, destacan a boa acollida e o éxito de público que están a cultivar estes relatorios, cuxo obxectivo é achegar á sociedade os traballos arqueolóxicos e forenses que están impulsando destacadas mulleres que lideran a investigación nas súas respectivas materias.

Red Consiliencia

O encontro está organizado pola Rede Consiliencia, financiada pola Xunta de Galicia, que aglutina grupos de investigación das universidades de Santiago de Compostela e A Coruña nos ámbitos da Arqueoloxía, Historia, Ciencias Sociais, Antropoloxía Física, Ciencias da Terra e Tecnoloxías da Información e Comunicación. O programa está dispoñible na web  http://paleodietmeetspaleopathology.com/.

Post navigation

Previous: Daniel Drexler este sábado na Casa das Crechas
Next: Tecendo Soños, un proxecto de recuperación e divulgación do canto de arrolar

Máis novas

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.