Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda
  • Compostela

O eclipse de agosto nos Luns do Ateneo

A astrofísica Antonia Varela, Directora da Fundación Starlight, será a encargada de impartir a conferencia

A astrofísica Antonia Varela, Directora da Fundación Starlight

A astrofísica Antonia Varela, Directora da Fundación Starlight

Compostela, 14/06/2026 – O Ateneo de Santiago organiza este luns, 15 de xuño, ás 19.30 horas, na Rúa do Vilar, 19, a derradeira conferencia deste curso do ciclo Os Luns do Ateneo, que ten por título “Galicia baixo a sombra da eclipse: ceos Starlight e oportunidade territorial”.

A sesión estará impartida pola astrofísica Antonia M. Varela Pérez, directora da Fundación Starlight. A conferencia centrarase na importancia da protección do ceo nocturno e no potencial dos territorios Starlight como espazos de calidade ambiental, científica, cultural e turística.

A través desta intervención, o Ateneo achegará ao público unha reflexión sobre o valor dos ceos escuros, a contaminación lumínica e as oportunidades que se abren para Galicia no contexto da próxima eclipse.

Antonia M. Varela Pérez é doutora en Astrofísica pola Universidade de La Laguna, directora xerente da Fundación Starlight, enxeñeira senior no Instituto de Astrofísica de Canarias e directora do Museo da Ciencia e o Cosmos de Tenerife.

Varela conta cunha ampla traxectoria investigadora e divulgadora, con máis de 100 traballos científicos publicados e máis dun milleiro de contribucións de divulgación. En 2023 participou nunha investigación publicada en Science sobre contaminación lumínica e ameazas ao ceo nocturno. Tamén desenvolveu un destacado labor docente e de promoción das vocacións STEM entre nenas e mulleres, e recibiu recoñecementos como a Medalla de Ouro de Canarias en 2024.

Post navigation

Previous: Padrón soluciona os problemas de abastecemento de auga potable en Cruces
Next: O PXOM de Padrón volve ao centro do debate

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.