займ срочно

O Covid segue crecendo na bisbarra

0

Bisbarra, 29 de decembro do 2021 – Aínda que con menos presión hospitalaria, o Covid crece na bisbarra con maior incidencia nas zonas urbanas.

Santiago de Compostela con 686 casos diagnosticados nos últimos 14 días e o concello que acumula máis positivos. Ames con 286 ou A Estrada con 146 seguen a capital no número de infectados na bisbarra. A continuación os positivos nos últimos 14 días por concellos

A Estrada 146, A Baña 16, Ames 286, Arzúa 14, Boqueixón 26, Brión 141, Frades 10, Lalín 88, Melide 24, Negreira 56, O Pino 13, Ordes 53, Oroso 67, Padrón 47, Rois 24, Santa Comba 65, Santiago de Compostela 696, Silleda 33, Teo 104, Touro 10, Trazo entre 1 e 9, Val do Dubra 18, Vila de Cruces 33, Vedra 26

 Pódese acceder a páxina de datos do SERGAS en este enlace

Novas medidas

Esta sexta ola Covid obrigou ao Comité Clínico a tomar medidas como o peche da hostalería as 00:00 horas e o ocio nocturno as 02:00 da madrugada. No caso da hostalería e a restauración, os venres e os sábados poderán ampliar os seus horarios de apertura até as 1:00h.

Son medidas que entrarán en vigor ás 00,00 horas do día 31 de decembro, e que estarán vixentes ata o día 18 de xaneiro.

Outras medidas que se toman son a obrigatoriedade de presentar o certificado covid para acceder aos locais de hostalería durante todo o día, e tamén a volta da prohibición de consumir nas barras dos locais.

Sanidade tamén remitirá ao Tribunal Superior de Xustiza unha solicitude para establecer a limitación de xuntanzas de persoas non convivintes en espazos públicos entre ás 2,00 e ás 6,00 horas, polo que, de ser ratificado, durante esas horas só poderán transitar pola rúa persoas soas, ou membros dunha mesma unidade familiar.

Medidas específicas para Noitevella e o Día de Reis

No que atinxe dun xeito específico á festividade de Noitevella, os locais de hostalería e restauración deberán pechar os seus locais a 1,00h da madrugada, mais, co ánimo de evitar que se retomen as xuntanzas, non poderán voltar a abrir os seus locais antes das 10,00 da mañá do día 1 de xaneiro.

No caso dos establecementos de ocio nocturno, as autoridades sanitarias manterán esta mesma tarde unha reunión cos representantes do sector nocturno para acordar os horarios do día de Noitevella. Unha xuntanza da que tamén se desprendería un posible horario para limitar xuntanzas de persoas non convivintes en espazos públicos para esa data.

Respecto das ceas e comidas do último día do ano, Sanidade recomenda xuntanzas cun máximo de dúas unidades familiares e, preferiblemente, que sexan as mesmas do día de Nadal. No caso de levarse a cabo en lugares públicos, establécese o límite de 8 persoas na mesma mesa, en interior, e un máximo de 10 no exterior.

En canto ás cabalgatas do Día de Reis será necesario minimizar as posibles aglomeracións, ademais de recomendar que esta sexan estáticas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies