Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Vedra
  • Xeral

O Couto de Ximonde acolle a presentación do Goza do Ulla 2026

Imaxe do río na presentación do Goza do Ulla 2026

Vedra, 21/05/2026 – 15 anos de Goza do Ulla e un crecemento do que sentirse orgullosos pasando de 5 concellos, na primeira edición, aos 20 que participan na actualidade.

Desde o nacemento do río en Antas do Ulla o programa de sendeirismo percorre 130 quilómetros ata a desembocadura na ría de Arousa. Concellos das provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra: Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Santiso, Agolada, Arzúa, Vila de Cruces, Touro, Boqueixón, Silleda, A Estrada, Vedra, Teo, Padrón, Pontecesures, Dodro, Valga, Catoira, Rianxo e Vilagarcía de Arousa.

Un espazo protexido pola Rede Natura 2000 e un proxecto que triunfou grazas á xestión compartida en canto a organización, financiamento e aproveitamento dos recursos materiais e humanos aportados por cada Concello.

Na actualidade os integrante do Goza do Ulla traballan para constituír unha asociación de concellos. Ao mesmo tempo hai que seguir redescubrindo non só as rutas de sendeirismo senón tamén as potencialidades que ofrecen os territorios e paisaxes vertebradas polo Ulla.

Actividades como o cicloturismo, a pesca e as actividades acuáticas en xeral intentaranse promocionar de forma conxunta, preservando a contorna a partir do seu coñecemento e desenvolvemento sostible.

O Programa Goza do Ulla 2026, acolle un total de 19 rutas que percorrerán os 20 concellos bañados polo Ulla, unha delas é compartida entre 2 concellos. As rutas comezarán o 30 de maio en Boqueixón, e rematarán o 24 de outubro en Santiso.

O programa Goza do Ulla é unha iniciativa de dinamización turística, cultural e económica arredor do río Ulla, que promove os recursos naturais, patrimoniais e gastronómicos dos concellos da súa contorna. Busca conectar territorio, identidade local e desenvolvemento sostible mediante actividades, rutas, eventos e colaboración entre entidades .

O seu potencial está en converter o Ulla nun eixo de atracción turística de referencia en Galicia, xerando oportunidades para o comercio local, o turismo activo e a valorización do patrimonio. Ademais, favorece a cooperación intermunicipal e contribúe a fixar poboación e crear actividade económica no rural.

Post navigation

Previous: III Mostra de Teatro EM-Brión
Next: Os traballadores de Nestlé Pontecesures buscan apoios no Parlamento

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.