Melide, 30 de maio do 2019 – O Concello de Melide colaborará coa Sociedade Deportiva Compostela para celebrar na vila o I Campus Compos que terá lugar entre o 1 e o 5 de xullo.
O I Campus Compos é unha iniciativa que pretende dar a coñecer, progresar e perfeccionar aspectos técnicos e tácticos do fútbol, tanto individuais como colectivos, baseándose nunha actividade lúdica e recreativa. Entre outros dos moitos obxetivos deste Campus tamén se quere fomentar as posibilidades educativas do fútbol con actividades complementarias ou promover os valores coma a amizade, autoestima, tolerancia, solidariedade, igualdade, respecto e xogo limpo.
A actividade conta coa colaboración do Concello de Melide, de Jim Sports coa súa marca Softee que agasallará unha equipación completa a cada neno ou nena participante e patrocinadores locais como Ribeirao, García y Sánchez e Leonardo Miguélez.
INSCRICIÓN ATA O 18 DE XUÑO
O Campus ten un límite de 80 prazas e celebrarase no campo municipal de Melide en horario a 9h a 14h para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e 19 anos. A inscrición está aberta ata o 18 de xuño. Máis información no teléfono 650 90 09 85 (Diego Segade) ou no correo electrónico sdcompostela@sdcompostela.com.