займ срочно

O comercio local de Boqueixón terá a súa propia web de venda online

0

Boqueixón, 4 de marzo do 2021 –  O Concello de Boqueixón vén de poñer en marcha unha web de venda online para o comercio local que accederá de balde ao seu uso.

O concello busca novas vías de negocio para o pequeno comercio en internet. O alcalde, Manuel Fernánde Munin, explicaba que “a crise sanitaria propiciou un cambio moi grande nos hábitos de consumo e na adquisición de produtos, implantándose cada vez máis o comercio electrónico. É por iso que dende o Concello queremos axudar ao noso empresariado a poñer á disposición da clientela os seus produtos a través dunha mesma plataforma”

Reunión informativa

Para informar sobre esta nova proposta, o concello organiza unha reunión explicativa que terá lugar o vindeiro 15 de marzo ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Camporrapado. Para asistir, cómpre formalizar inscrición previa a través do enderezo electrónico emprego@boqueixon.com.

Dadas as restricións sanitarias actuais, o aforo estará limitado. Tomaranse todas as medidas de seguridade e prevención necesarias contra a expansión da COVID-19.

Dende o Concello de Boqueixón animan ao empresariado local a sumarse a esta iniciativa. Ao tempo, lembran que nin o acceso á plataforma nin á venda terán ningún tipo de custo ou comisión.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies