займ срочно

O Comercio de Santiago sae a rúa esta fin de semana no Prima21

0

Compostela, 1 de xuño do 2021 – “Prima 21. A Festa do Comercio Local” desenvolverase de xoves a sábado en distintos espazos de Compostela.

A iniciativa permite que os comerciantes saquen a rúa os seus produtos sen un permiso previo. O concello complementará o evento con concertos e actividades por toda a cidade.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, animou ao sector comercial e as asociacións a participar en Prima 21. A festa do comercio local”. Un evento, sinalou o rexedor, “con vocación de continuidade, co fin de consolidar unha festa do comercio en primavera”.

Ademais do alcalde, na presentación estivo presente a técnica responsable da área de Comercio, Lucía Castro quen explicou que o obxectivo “é dinamizar o consumo á vez que se lle dá unha nota de cor e alegría á cidade, coas distintas actuacións e actividades programadas”.

Do xoves 3 ao sábado 5 a actividade terá lugar en diversas zonas da cidade, incluidos os barrios máis comerciais, cubrindo toda a Zona Vella, Ensache, As Fontiñas, San Pedro e Conxo.

Pasarrúas, animacións musicais, concertos, teatro, desfiles tradicionais e cabaré de circo son algunhas das disciplinas incluídas no programa, que se completará con obradoiros de artesanía de grabado, acibeche e ourivería, impartidos polos mestres artesáns Ourives de Compostela, Ricardo Rivas. Manuel Tojo e Adonis Suárez.

A maiores, o concello impulsa a marca do comercio de Santiago “Eu Merco Aquí”, e faino ligado a estas festas para afianzar o seu compromiso co comercio local. Adiantan unha nova campaña de comunicación coa mensaxe “Se es intelixente, merca aquí” que defende que mercar no comercio local non é unha cuestión de xenerosidade ou altruísmo, é un acto intelixente. Dita campaña comezará coa festas da Prima 21 e continuará durante todo o mes de xuñ, coa difusión dun vídeo e outras accións publicitarias e de animación.

No marco da festa Prima21, o Concello distribuirá bolsas coa imaxe da campaña #EuMercoAquí que se entregarán de balde ao comercio local a través das asociacións de comerciantes da cidade. Para contar con este agasallo, debe dirixirse a calquera delas: CCA Comercio Punto Compostela, CCA Santiago Centro, CCA Compostela Monumental, Asociación Em Rede, Ourives de Compostela e Asociación de Comerciantes de Área Central. Así mesmo, repartiranse aos comercios, a partir de hoxe, venres 28 de maio, un cartel e folletos coa programación de actividades de animación da festa.

Xa é posible consultar todo o programa completo da Prima 21 coas localizacións de cada actividade, itinerarios e artistas no seguinte enlace https://comerciolocal.gal/prima-21/

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies