Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

O Colexio de Fonseca acolle unha mostra sobre Begoña Caamaño

Unha “afirmación da esperanza” recolle as múltiples voces de Begoña Caamaño

Inauguración da mostra sobre Begoña Caamaño en Fonseca

Compostela, 09/05/2026 – Xornalista, escritora, activista e un dos discursos máis destacados do feminismo galego contemporáneo. Todas estas voces emanan da figura de Begoña Caamaño a quen neste 2026 se lle dedica o Día das Letras Galegas.

A USC, a través da Biblioteca Universitaria e da Área de Cultura, súmase a esta homenaxe cunha mostra que percorre a traxectoria vital da autora e o seu compromiso co pensamento crítico, coa lingua e cos dereitos das mulleres.

Na mostra sobre Begoña Caamaño póñense de relevo as súas contribucións no eido do xornalismo radiofónico e da prensa escrita así como a súa decisiva achega á literatura galega a través dunha obra narrativa breve pero de enorme alcance.   

Segundo a reitora, Rosa Crujeiras, “Esta exposición convídanos a escoitar esas múltiples voces: a da narradora, a das súas personaxes, a da xornalista, a da muller e a da cidadá comprometida co seu tempo e coa súa lingua”.

Crujeiras subliñou os valores sobre os que se asenta a obra deBegoña Caamaño: “o feminismo, a xustiza social, a defensa da nosa lingua constitúen piares da nosa actividade universitaria; principios que interpelan ao conxunto da comunidade e respecto dos que asumimos o compromiso de promover, con responsabilidade e rigor, a súa integración efectiva e a súa asunción compartida por todas e todos”.

Para Mabela Casal, directora da Biblioteca Universitaria, esta mostra reúne “compromiso, literatura e conmemoración” e serve para lembrar a quen fixo da palabra “un exercicio ético”. Cristina Cabada, comisaria da mostra titulada ‘As voces de Begoña Caamaño’, lembrou que a exposición permite poñer o foco nunha obra “brillante, madura e reducida por mor da desaparición prematura da autora”.

Ademais de reitora, directora da Biblioteca e comisaria, o acto inaugural contou tamén coa intervención de dúas amigas persoais da homenaxeada: a xornalista e escritora, Ana Romaní, e a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.

Para Ana Romaní, Begoña Caamaño é “unha figura iluminadora en tempo sombrío”. A xornalista definiu a Caamaño como unha “afirmación da esperanza”. Para Begoña, dixo, era preciso cambiar as cousas, por iso lanzaba cuestións incómodas como “a quen pertence o corpo das mulleres? Ou, por exemplo, que entendemos por democracia?”.

A alcaldesa lembrou a paixón que Begoña Caamaño sentía polo diálogo. “Gozaba da conversa nas ondas, no comité de empresa, en foros internacionais sobre os dereitos das mulleres, desfrutaba da conversa coas amigas”, dixo.

Escolma diversa

A documentación que se exhibe no Claustro Alto do Colexio de Fonseca ten como obxectivo achegar ao público a relevancia cultural, social e literaria de Begoña Caamaño, reivindicando unha autora que fixo do xornalismo, da palabra e da creación un espazo de intervención ética e política. 

A mostra presenta unha escolma de artigos de opinión aparecidos en distintas revistas e xornais, nos que a escritora viguesa toma partido a favor da insubmisión, contra a xestión do desastre ecolóxico do Prestige, na defensa do ensino e da sanidade pública e de xeito transversal, na defensa dos dereitos das mulleres.

Nos apartados dedicados ás súas dúas novelas, Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle técese un diálogo con autoras como Margaret Atwood e as galegas Xohana Torrres, María Xosé Queizán ou Chus Pato, pioneiras na tarefa de reformular figuras de mulleres senlleiras, reais ou imaxinadas.  

A escolla de Begoña Camaño para as Letras Galegas 2026 converte esta exposición nunha boa oportunidade para redescubrir un legado que segue plenamente vixente.  A mostra pode visitarse do 5 ao 28 de maio, en horario de luns a venres, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

Post navigation

Previous: A situación sanitaria en Teo no Parlamento de Galicia
Next: O Son Do Camiño anuncia os horarios da súa edición 2026

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.