Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

O CESGA recibe o Premio Iniciativa da Administración polo proxecto ‘Quantum Computing’

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) outorga o Premio Iniciativa da Administración ao Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) polo seu proxecto ‘Quantum Computing’.
cesga-premio-cpeig-slide-27-setembro-2021_r

Compostela, 27 de setembro do 2021 – O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) outorga o Premio Iniciativa da Administración ao Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) polo seu proxecto ‘Quantum Computing’.

O premio forma parte dos actos da  “XIII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia”. O traballo do CESGA busca colocar a Galicia como un referente internacional en tecnoloxías cuánticas en 2030, accedendo a un mercado internacional de alto valor estratéxico e económico.

A gala de entrega do galardón ao CESGA celebrarase o vindeiro 29 de outubro no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago de Compostela. Un encontro presencial e virtual que reunirá ás empresas máis destacadas do sector TIC en Galicia. Os premios da Noite corresponden a dez categorías onde o Colexio recoñece as iniciativas ou persoas destacadas no ámbito da enxeñaría en informática.

As tecnoloxías cuánticas baséanse na rama da física que estuda a materia a escalas moi pequenas, así como as interaccións entre estas partículas atómicas e subatómicas. Estas tecnoloxías, en fase incipiente a nivel mundial, permiten aplicacións en numerosos ámbitos como a medicina, o medio ambiente, a biotecnoloxía, a aeronáutica, a automoción, a loxística, as telecomunicacións ou as finanzas.

Os expertos considéranas o elemento tecnolóxico “disruptivo” que acelerará o desenvolvemento económico e social en practicamente todos os ámbitos, cun impacto maior que o que tivo a computación clásica nas últimas décadas, e con este fin a comunidade internacional está a realizar un importante esforzo inversor.

Estados Unidos e China están inmersos nunha auténtica “carreira cuántica” como clave da  súa estratexia internacional. Pola súa parte, a Unión Europea participa nesta carreira mediante a activación dun programa de investimentos específico -“Quantum Flagship”- cun orzamento inicial de mil douscentos millóns de euros.
Adicionalmente, algúns países europeos definiron os seus plans estratéxicos asignando os seus propios orzamentos, como Francia, cun investimento mínimo previsto de mil catrocentos millóns de euros, e Alemaña, con ao menos mil oitocentos millóns. 
O volume de negocio global estimado para os próximos anos supera os nove mil millóns de dólares para 2021 e os trinta e un mil no 2026. Más alá desta data as estimacións dispáranse ata os cen mil millóns de dólares.
En España déronse os primeiros pasos cara unha “Estrategia Nacional de Tecnologías Cuánticas” e nas comunidades autónomas están a definirse proxectos e plans propios entre os que destacan, ademais do de Galicia, os de Madrid, País Vasco e Cataluña.

A iniciativa ‘Quantum Computing’ da nosa comunidade está baseada en dúas premisas: deseñar e producir tecnoloxía propia en Europa para asegurar a soberanía tecnolóxica, e desenvolver negocio internacional para garantir a sustentabilidade económica a medio prazo.

O Polo nace co obxectivo ambicioso de colocar a Galicia como un referente internacional nas tecnoloxías cuánticas no 2030, o que requirirá un esforzo sostido no tempo, coherente e coordinado co resto de España e Europa. Isto permitiría a Galicia participar activamente no desenvolvemento desta industria a nivel europeo e acceder a un mercado internacional estimado en miles de millóns de euros. 

Segundo destaca Mauro Fernández Dabouza, director xerente do CESGA, “o Centro de Supercomputación de Galicia, centro mixto da Xunta de Galicia e do Consello Superior de Investigacións Científicas, será o nodo principal do Polo de Tecnoloxías Cuánticas que ten por obxectivo crear en Galicia un espazo para o desenvolvemento de software cuántico e para dar un impulso ao I+D+i neste ámbito. Esta iniciativa forma parte da candidatura aos fondos Next Generation cun importe de 154 millóns de euros, o centro principal estará en Santiago de Compostela e estará ao servizo dos centros de investigación e das empresas.”

O proxecto tería un claro impacto social, ao potenciar notablemente o valor do tecido industrial galego e especialmente o dalgunhas das súas principais empresas. Requirirá un importante investimento nesta década, a través de fondos nacionais e europeos, que permita crear una base sólida de capacidades en tecnoloxías cuánticas. Con este fin se activarán programas de apoio ao mundo académico, aos centros de investigación, tecnolóxicos e entidades singulares, así como ás empresas e á sociedade.

Post navigation

Previous: Un camiño para unir os sete concellos da comarca de Ordes
Next: Barbanceses en Mauthausen,  a vida de catorce veciños no campo de concentración

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.