Rois, 18 de novembro do 2020 – Foi en 1971 cando Fernando Acuña Castroviejo publicou nos Cuadernos de estudios gallegos do Csic os últimos descubrimentos sobre o Castro Lupario en Rois e case 50 anos despois segue sen unha protección adecuada.
No ano 2009 a Xunta de Galicia anunciaba o comezo dos traballos para declarar Bens de Interés Cultural, BIC, a 19 castros da comunidade autónoma. O castro Lupario era un deles pero, como outros 10, segue sen ter esa consideración.
En xaneiro de este ano os veciños da aldea de Angueira de Castro inician a solicitude ante a Xunta de Galicia para que o Castro Lupario, a aldea, o Pazo do Faramello, os núcleos de O Faramello e Francos, a carballeira de Francos, a ponte sobre o río Tinto e os petróglifos existentes en la zona foran declarados BIC. Unha petición á que se suma o concello este mesmo mes coa aprobación en pleno da petición de aprobación do trámite.
O Castro Lupario chega ao Parlamento
Onte martes a Deputada do Psoe, Noa Díaz, preguntaba á Directora Xeral de Patrimonio, Carmen Martínez pola declaración BIC e pola ameaza de paso dunha liña de alta tensión nas proximidades do Castro. A resposta da responsable non aclaraba a situación xa que comezaba recoñecendo a petición, que está en trámite e que se non se contesta e que se desestima
Martínez dou a entender que a petición é ambigua xa que non se sabe si piden a declaración do BIC o a eliminación do paso da liña de alta tensión.
Carmen Martínez tamén explicou que a petición é moito máis ampla que a que se propoñía no 2009 e que inclúe elementos que nunca foron catalogados ou valorados
A Directora Xeral quixo deixar claro que na aprobación do proxecto de liña de alta tensión examináronse todos os ámbitos de protección que en ningún momento foron vulnerados
Unha protección escasa
O Castro Lupario a día de hoxe segue no mesmo lugar que hai cincuenta anos, física e legalmente. No Inventario do Patrimonio Cultural de Galicia podemos atopar a súa ficha, curiosamente baixo a denominación de Castro de Francos, na que a protección é mínima.
Trátase dun ben do que podemos atopar referencias de máis de cen anos sen saír de internet. No 1877 a publicación La Ilustración Católica xa contaba a súa historia como podemos ler aquí . En 1921 El Financiero de Madrid tamén lembraba o Castro Lupario para explicar o nome da basílica compostelana. Son tan só dous exemplos da presenza do Castro na historia e da necesidade urxente de preservalo.