Compostela, 10 de xullo do 2019 – Percorrer os 790 kilómetros que separan Roncesvalles de Santiago de Compostela en cadeira de rodas eléctrica é o reto que Jose Ignacio Fernández y Rubén Zulueta queren completar o vindeiro 25 de xullo.
O Camiño converteuse nos últimos anos nun símbolo de superación. Son moitas a razóns para facelo pero o simple feito de chegar é unha inxección de autoestima para calquera. Agora estes dous enfermos de distrofia muscular queren facelo en cadeira de rodas.
O obxectivo do proxecto Caminus Santiago é dar visibilidade a esta enfermidade dexenerativa. Promover mediante doazóns ( Crowdfunding) a investigación destas enfermidades. E finalmente inculcar a positividade e o optimismo a aquelas persoas que desexan realizar o Camiño de Santiago, e que por motivo da súa enfermidade non se atreven.
Os organizadores, Jose Ignacio Fernández e Rubén Zulueta, buscan elaborar unha guía para as persoas con diversidade funcional que se publicará en formato APP en play store a partir de setembro. Contan coa colaboración da Fundación Isabel Gemio para a investigación de Distrofias musculares e outras enfermidades minoritarias. Están abertos a máis apoios e pódese contactar con eles por medio das redes sociais e nos teléfonos 690 202312 e 682 604268.
Tedes toda a información no seguinte PDF
CAMINUS