Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Negreira

O Camiño a Fisterra terá 5 kilómetros de sendas en Negreira

A Deputación da Coruña está construíndo en Negreira 5 kilómetros de sendas peonís no Camiño a Fisterra con fin de mellorar a seguridade peonil da ruta.
Negreira-sendas-deputacion-slide-16-outubro-2020_121832_r

Table of Contents

Toggle
  • Negreira, 16 de outubro do 2020 – A Deputación da Coruña está construíndo en Negreira 5 kilómetros de sendas peonís no Camiño a Fisterra con fin de mellorar a seguridade peonil da ruta.
    • Estrada Negreira-Pontenafonso

Negreira, 16 de outubro do 2020 – A Deputación da Coruña está construíndo en Negreira 5 kilómetros de sendas peonís no Camiño a Fisterra con fin de mellorar a seguridade peonil da ruta.

O Presidente da Deputación, Valentín González, e o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis, visitaron este xoves as obras que o organismo provincial leva a cabo na estrada DP5603 que une o centro urbano da vila con Marco do Cornado. O último tramo das obras, no núcleo de Vilaserío, xa está completado

O Camiño a Fisterra terá 5 kilómetros de sendas en NegreiraOs traballos en Negreira conlevan un investimento superior aos 800.000 euros, para a construción de catro novos tramos de sendas. En total, estanse construíndo 5,1 quilómetros de sendas situadas entre os puntos quilométricos 1+430 e 2+170, 7+300 e 7+820, 8+750 e 10+770 e do 11+110 ao 12+900.

O Camiño a Fisterra terá 5 kilómetros de sendas en Negreira“Estas sendas de Negreira completan as obras de mellora da seguridade xa realizadas noutros tramos do Camiño a Fisterra ao seu paso por Dumbría, Muxía e Santa Comba, e teñen como obxectivo mellorar a seguridade dos veciños e dos miles de peregrinos que cada ano fan esta ruta xacobea, permitíndolles facelo en condicións de seguridade, xa que ata agora tiñan que transitar polas marxes dunha calzada con moito tráfico e múltiples curvas”, afirmou o presidente da Deputación, que explicou que as sendas realizaranse en zahorra artificial estabilizada con cemento, “o que proporciona un firme brando e cómodo para camiñar longas distancias”.

O Camiño a Fisterra terá 5 kilómetros de sendas en NegreiraGonzález Formoso tamén destacou que “para nós Negreira é unha vila de referencia no interior da provincia porque segue o modelo de futuro que queremos implantar para loitar contra o despoboamento xa que aquí faise unha aposta decidida polo turismo, e polo camiño concretamente, pero por outro lado non renuncian á industria nin á súa tradición agraria”.

Pola súa banda, o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis, agradeceu a visita do presidente para interesarse pola evolución do proxecto destacou a importancia dun investimento “fundamental para garantir a seguridade e que vimos demandando hai tempo desde o Concello de Negreira”.

As obras divídense en catro tramos, o último dos cales, 1,8 quilómetros que discorren polo núcleo de Vilaserío xa está rematado. Nos tres tramos restantes están comezando as actuacións á espera das autorizacións necesarias por parte de Augas de Galicia e do traslado dos postes dos servizos afectados (telecomunicacións e electricidade).

Estrada Negreira-Pontenafonso

Por outra banda, González Formoso anunciou durante a visita que a Deputación aprobará no pleno do 30 de outubro, dentro dun expediente de modificación de créditos, a dotación económica para a segunda fase das obras de ampliación da DP 5602 Negreira-Pontenafonso, que contan cun orzamento de 1.266.128,78 euros, ao que hai que sumar os 174.697,96 euros investidos nas expropiacións de terreos, xa realizadas. Unha vez aprobada a consignación económica, a Deputación procedería a dar luz verde definitiva ás obras no mes de novembro,

O presidente da Deputación incidiu na importancia desta actuación xa que “é unha demanda histórica nunha vía que vertebra o interior do municipio” e agradeceu “aos veciños e veciñas da zona a súa colaboración”.

As obras suporán a ampliación da plataforma da estrada nun tramo de 2,5 quilómetros que vai dende o PK 6+105 ao 8+630, preto da ponte Barbazán, dotando ao vial dunha calzada de 7 metros de ancho e arcéns de 0,5 metros naqueles puntos nos que a liña de planeamento o permita. Levaranse a cabo tamén traballos de corrección de trazado nas curvas máis perigosas, acondicionamento de drenaxe lonxitudinal e transversal da vía e sinalización.

O obxectivo desta segunda fase é facer o vial máis seguro para os numerosos vehículos que circulan cada día por él e adaptar o ancho da plataforma ao xa executado nos primeiros seis quilómetros.

Post navigation

Previous: Rois acolle un obradoiro de xestión de montes
Next: Alcaldes. Ramón Tojo, Rois

Máis novas

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Cartel da edición 2026 do Delas Fest
3 minutes read
  • Axenda

Delas Fest 2026

Cartel das Noites en Vela 2026
4 minutes read
  • Xeral

“Noites en Vela” na Ponte Maceira

Un momento da presentación da nova guía turística de Negreira
2 minutes read
  • Xeral

Nova guía turística do concello de Negreira

Valentín González e Manuel Ángel Leis despois de asinar o convenio entre a Deputación e o concello de Negreira
3 minutes read
  • Xeral

Humanización da rúa Rosalía de Castro en Negreira

A Deputada Saleta Chao con representantes do Coto
2 minutes read
  • Xeral

Problemas de accesibilidade, humidades, instalación eléctrica… no CEIP O Coto de Negreira

A derradeira lección do mestre, cadro de Castelao
2 minutes read
  • Axenda

“Castelao grafista” en Negreira

negreira 8m
3 minutes read
  • Negreira

Negreira otorga o Premio 8 de marzo para Pilucha do Piolo

1

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.