Compostela, 19 de abril do 2019 – Un dos servizos mais agardados polos veciños de Triacastela, Fontiñas ou a Rúa de San Pedro, o ascensor que os une, comezará a funcionar o vindeiro luns.
O ascensor supuxo un investimento de 355.000 euros. Salva o desnivel de máis de 12 metros entre Triacastela e Concheiros, dúas zonas que ata agora estaban conectadas por unhas escaleiras de ata 60 chanzos. O elevador ten capacidade para 16 persoas, e está pensado para ser utilizado tamén por padiolas. Esta aliñado coas edificacións que teñen a súa fronte cara a avenida de Lugo, e na parte superior conéctase con Concheiros a través dunha pasarela acristalada.
O ascensor funcionará entre as 7:00 ás 23:00 horas, e estará videovixiado.

