Padrón, 23 de febreiro do 2019 – O Club Ciclista Padronés Aluminios Cortizo participa esta fin de semana na primeira proba da Copa de España que se disputa en Badajoz.
O Aluminios Cortizo aliña un equipo con 2 corredores Sub25, o avulense Carlos Gutierrez e o corredor de Porto do Son Anxo Lorenzo, actual campión galego en ruta e 5 corredores Sub23, Carlos Blanco, Pelayo Mosteiro, Guillermo Mallo, Iñigo Rodriguez e Raúl Gonzalez.
O equipo de Blanco Villar afronta esta primeira proba moi ilusionado polo bo papel no Memorial Sanroma, onde participaron nas escapadas principais de ambas as xornadas.
O percorrido do Circuíto Guadiana convida, en principio, a unha chegada en grupo. Son 4 voltas a un percorrido practicamente chairo de 171 kilómetros onde o alto de Magacela cos seus 2 kilómetros e ramplas de ata o 16% será o único escollo para seleccionar o grupo.
O pasado ano o corredor de Vigo, Raúl González, agora nas filas do Cortizo foi o gran protagonista da proba ao ir en fuga case toda a carreira e foi absorbido polo pelotón na última subida a Magacela.
O sprinter de Mos, Iñigo Rodriguez, Anxo Lorenzo ou o propio Raúl Gonzalez serán as bazas do equipo de Padrón no inicio desta Copa de España.