Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Oroso

O alcalde de Oroso renuncia ao soldo

O último pleno celebrado no concello de Oroso, ademais de aprobar distintas medidas fiscais, aprobou a renuncia ao soldo do alcalde Manuel Mirás.
oroso-certificado-concello-emprendedor-slide-26-abril-2018_r

Table of Contents

Toggle
  • Oroso, 21 de outubro do 2020 – O último pleno celebrado no concello de Oroso, ademais de aprobar distintas medidas fiscais, aprobou a renuncia ao soldo do alcalde Manuel Mirás.
    • Manuel Mirás renuncia ao soldo de alcalde

Oroso, 21 de outubro do 2020 – O último pleno celebrado no concello de Oroso, ademais de aprobar distintas medidas fiscais, aprobou a renuncia ao soldo do alcalde Manuel Mirás.

As medidas aprobadas foron as anunciadas días atrás. Bonificacións fiscais previstas para o ano 2021 e que teñen como obxectivo axudar ás familias, pemes e autónomos do municipio. Oroso aprobou unha rebaixa no IBI e no recibo do lixo e unha bonificación dun 60% no imposto de vehículos de tracción mecánica para os automóbiles eléctricos e híbridos.

Tamén haberá unha bonificación de ata un 75% no imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana a título lucrativo por causa de morte a favor de descendentes e cónxuxes. As medidas aprobadas na sesión plenaria de Oroso terán un impacto de 177.000 euros.

Manuel Mirás renuncia ao soldo de alcalde

Manuel Mirás, alcalde de Oroso

O alcalde Manuel Mirás aproveitou o pleno para renunciar ao soldo do alcalde. A nómina do rexedor, publicada no BOP o 1 de xullo do 2019, era de 35.853,12 euros en 12 pagas mensuais e 2 extraordinarias. A partir de esta data só cobrará as cantidades asignadas por asistencia ás reunións dos órganos colexiados municipais (plenos, comisións e xuntas de goberno).

Post navigation

Previous: O Covid segue crecendo en Compostela e Ordes (20/10/2020)
Next: Vínculos de Compostela na Casa do Cabildo

Máis novas

Camiño INgles ao seu paso por Oroso
2 minutes read
  • Oroso

Case un millón de euros para o paseo do Carboeiro en Oroso

Un momento da concentración en Oroso polo peche do Centro de Saúde
2 minutes read
  • Oroso

Máis queixas polos peches de centros de saúde

A Deputación cofinancia o campo de fútbol Lino Balado en Oroso
3 minutes read
  • Oroso

Novo céspede para o campo de fútbol Lino Balado en Oroso

OROSO CAMPAMENTO INCLUSIVO 11 MARZO 2026
2 minutes read
  • Axenda

Oroso ofrece un campamento inclusivo durante a Pascua

oroso asfaltado sigueiro 7 marzo 2026
2 minutes read
  • Oroso

300.000 Euros para asfaltar Sigüeiro

OROSO CAMPO LINO BALADO 20 XANEIRO 2026
2 minutes read
  • Oroso

Oroso inaugura un campo de fútbol con selo FIFA Quality Pro

oroso praza usaac diaz pardo 23 decembro 2025 (1)
2 minutes read
  • Oroso

Oroso abre ao tránsito peonil a Praza Isaac Díaz Pardo

oroso campanha comercio local 16 decembro 2025 SLIDE
2 minutes read
  • Axenda

Oroso promove as compras no comercio local

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.