Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Silleda

O 25N en Silleda conmemórase con teatro, andaina e coloquio coa creadora de Lola Vendetta

O Concello de Silleda vén de programar unha serie de actividades con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Concello de Silleda_DSC9603_01 slide_r

Table of Contents

Toggle
  • Silleda, 17 de novembro do 2021 – O Concello de Silleda vén de programar unha serie de actividades con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
    • Prazo de inscrición para o coloquio Máis vale soa

Silleda, 17 de novembro do 2021 – O Concello de Silleda vén de programar unha serie de actividades con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Coloquios, teatro, e unha andaina a Carboeiro centran os actos da programación que arrancará nesa mesma xornada. O teatro será protagonista ca representación da obra 2Pilgrims, de Redrum Teatro, unha iniciativa que chega a Silleda da man da Deputación de Pontevedra co programa Tornar ás Táboas.

A obra está protagonizada pola actriz galega Sheyla Fariña, protagonista de Acacias 38, e Guillermo Carbajo ao que coñecéramos como neno da mítica serie Pratos Combinados.

O Camiño de Santiago, a igualdade e as novas masculinidades, ou a importancia actual das redes sociais  serán os temas principais do proxecto #2Pilgrims, unha aventura cativadora, enfocada ao público adolescente co fin de concienciar, educar en igualdade e inculcar valores que preveñan a violencia de xénero.

A cita será o xoves 25 ás 12:00 no auditorio da Semana Verde, nunha función á que asistirán alumnos e alumnas de Secundaria pero que está aberta a todo o público interesado.

Xa pola tarde, ás 20:00 horas, terá lugar a concentración en repulsa contra a violencia machista, na praza da Igrexa de Silleda.

O venres 26, dende a Concellería de Igualdade, que dirixe Ángela Troitiño, faráse entrega de lotes de libros sobre esta temática para os centros escolares do municipio.

Na xornada do domingo 28 celebrarase a andaina a Carboeiro baixo o lema “10 kilómetros de respecto”, para a que segue aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro día 22. As persoas que participen teñen a posibilidade de volver en autobús.

Prazo de inscrición para o coloquio Máis vale soa

O peche da programación chegará o venres 3 de decembro co coloquio titulado “Máis vale soa”, no que participará Raquel Riba Rossy, a artista que está detrás do popular personaxe de Lola Vendetta, acompañando ao empoderamento feminino cas súas ilustracións.

Debuxante, cantautora e escritora, conta con máis de medio millón de seguidores na súa canle de Instagram. Enfocada a empoderar o feminino especialmente en España, México, Colombia e Argentina, Riba Rossy crea no ano  2014 “Lola Vendetta”, unha muller afiada, mordaz, contundente e en palabras da súa creadora “sen pelos na lingua e que se enfronta a todo o que non lle gusta da vida, comezando polos homes que non a respectan”.

Nas súas conferencias de temática feminista están presentes temas coma o empoderamento da muller ou as novas masculinidades. Na sesión de Silleda asinará tamén exemplares da súa saga literaria. 

Todas as persoas que desexen asistir poden anotarse a partir deste luns día 15 nas dependencias do Centro de Información á Muller (CIM), chamando ao 986 592037 ou enviando un mail a cim@silleda.es.

Post navigation

Previous: Nin Servil, Nin Calada, Libre, lema para o 25N en Ames
Next: 25,4 millóns para a bisbarra polo Plan Único da Deputación

Máis novas

silleda achado arqueoloxico slide 30 setembro 2026
5 minutes read
  • Xeral

Silleda descobre unha necrópole medieval na praza da Igrexa

silleda presentacion festa da empanada bandeira 25 xullo 2026
2 minutes read
  • Axenda

A Festa da Empanada cumpre 50 anos

Cartel do certae música a fartar en Bandeira, Silleda
2 minutes read
  • Xeral

 “Música a fartar” na vila da Bandeira

Presentación da edición trinta e seis da Romaría da Rapazada en Silleda
5 minutes read
  • Xeral

36ª Romaría da Rapazada

Presentación da ruta de clásicos que partirá de Silleda
3 minutes read
  • Xeral

XVIII Ruta Turística A Lanzada, de vehículos clásicos,

silleda vandalismo carboeiro 7 abril 2026 (1)
3 minutes read
  • Silleda

Vandalizan o Mosteiro de Carboeiro en Silleda

LUIS PENIDO PREMIO EUROPEO 6 FEBREIRO 2026
3 minutes read
  • Compostela

O Consejo Superior de Deportes recoñece a Luís Penido e Christian Costoya como deportistas de alto nivel

silleda entroido 2026
4 minutes read
  • Axenda

A tradición do Entroido do Ulla comeza o 7 en Silleda

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.