Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Músicas na linde
  • Xeral

Noxem e Tentáculo gañan o “Quero Cantar” 2026

O teatro Colón da Coruña encheuse para a gran final do “Quero Cantar” 2026

Grupo gañador do Quero Cantar na categoría xuvenil

Coruña, 13/04/2026 –  Butacas completas no “Quero Cantar” da Deputación para asistir á explosión de talento musical infantil e xuvenil que pide espazo nos escenarios. Os asistentes gozaron dun excelente abano de creativas e orixinais propostas, atrás das cales están pequenos grandes artistas que a bo seguro veremos en poucos anos como algúns futuros rostros da música galega.

Foi á vez unha oportunidade para ver a capacidade de nenas e nenos de ata 12 anos, na categoría infantil, e de mozas e mozos de entre 13 e 16 anos na categoría xuvenil, para crear música no noso idioma e contribuír á promoción e difusión da lingua galega.

Con gran profesionalidade malia as idades temperás, os seis grupos finalistas defenderon as súas propostas enriba das táboas, mais só dúas podían ocupar o lugar máis alto do podio en cadansúa categoría, e esas foron, segundo o sentir do xurado, as de Noxem e Tentáculo Rock, gañadoras respectivamente nas categorías infantil e xuvenil desta novena edición do “Quero Cantar”.

Un xurado que, como en cada edición, nesta gala final estivo integrado por nenos e nenas e por mozos e mozas con formación musical e do mesmo abano de idade que as bandas e solistas seleccionadas para a final.

1º clasificado – Proposta gañadora na categoría infantil: Tentáculo Rock (Ames)

      Canción: Vou a cento vinte

      Foi na altura de 2017 e na escola unitaria A Igrexa de Ortoño, en Ames, cando se coñeceron tres dos catro integrantes do grupo: Carlos Nieto (voz, batería e piano), Leo Figueiras (guitarra) e Lois  García (baixo). Como “TríoR” explotaron as súas temperás inquedanzas artísticas sorprendendo o público en canta celebración escolar puideron participar.

En 2025 o proxecto transfórmase coa entrada na banda de Martiño Ramos (voz e batería), virando a Tentáculo Rock. No medio da súa formación en diversas disciplinas, atopan tempo para, cada xoves pola tarde, ensaiar e idear novas composicións orixinais.

2º clasificado: O Mar dos Sentimentos, coa peza ‘Nada pode pararme’

3º clasificado: Libres, coa peza ‘Quero brillar coma ti’

1º clasificado – Proposta gañadora na categoría xuvenil: Noxem (Vigo)

      Canción: Esperta

      Daquela co nome de Wildfire, foron xa finalistas na edición anterior. O grupo está formado por catro rapazas de 15 e 16 anos: Uxía García á voz, Nora Lora á guitarra, Uxía Romero na batería e Maya Sáez no teclado. O grupo formouse no IES Alexandre Boveda, no que cursan 4º da ESO.

O seu estilo é rock, máis con trazos propios que tocan paus do metal, pop, punk ou grunge. Con esta canción queren reflectir o sentimento de non atoparse ben con elas mesmas por algo ou alguén que non deixa “espertar” e ser un mesmo completamente. Tamén tratan temas como “a vergoña propia, o arrepentimento ou a dor de non ser suficientes para alguén que non as aprecia”.   

2º clasificado: Tha Filez, coa peza ‘Rebelión’

3º clasificado: Son da Lúa, coa peza ‘O meu mozo virtual’

A responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González Rodríguez, pediu un aplauso especial para as familias e para as mestras e mestres de música, por acompañar a paixón do alumnado na expresión do seu talento musical.

Subliñou o compromiso da Deputación co “Quero Cantar”, un concurso que acada xa a súa novena edición e salientou o valor dun certame nacido co obxectivo de promocionar e difundir o uso da lingua galega e a creatividade poética e musical. Prognosticou tamén unha magnífica próxima edición dun concurso que, xa consolidado, celebrará en 2027 o seu décimo aniversario, e convidou o público a acudir á Gala da Cultura que se celebrará a próxima semana.

Os premios para os gañadores son os seguintes:

1º clasificado na categoría infantil:

· Gravación da maqueta en estudio profesional.

· Gravación dun videoclip da canción gañadora

· Material musical (instrumentos, equipamento…) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 1.500,00€

1º clasificado na categoría xuvenil:

· Gravación da maqueta en estudio profesional.

· Participación no programa formativo que se explica no anexo.

· Gravación dun videoclip, ben da canción presentada ao concurso, ben da creada no programa formativo.

· Material musical (instrumentos, equipamento…) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 1.500,00€

2º clasificado en ambas as categorías:

· Gravación da maqueta en estudio profesional

· Material musical (instrumentos, equipamento…) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 1.000,00€

3º clasificado en ambas as categorías:

· Gravación da maqueta en estudio profesional

· Material musical (instrumentos, equipamento…) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 500,00€

Programa formativo

O Programa formativo Quero Cantar 2026 fai parte do premio que se outorga á proposta vencedora na categoría xuvenil da mesma edición do concurso e consta dos seguintes apartados:

Titorización creativa: Titorización durante catro semanas, por parte dun ou dunha artista de recoñecida traxectoria na música galega, para o desenvolvemento dunha canción.

Residencia: Este período previo de formación e desenvolvemento da canción culminará con tres días de convivencia nun espazo determinado pola Deputación entre a persoa ou persoas que compoñan a proposta seleccionada e a persoa encargada da titorización. Asistirase a un estudio profesional para a gravación do tema.

Obradoiro “Kit de supervivencia para iniciarse no mundo da música”: Formación práctica de 6 horas de duración enfocada a aspectos básicos para o inicio dunha carreira no mundo da música como son a creación da identidade de grupo, maquetación, distribución e dereitos e aspectos a ter en conta de cara á procura dos primeiros concertos.

Post navigation

Previous: Reclaman un plan de rehabilitación para o paseo fluvial de Bertamiráns en Ames
Next: Antifémina Colita, unha exposición imprescindible no Auditorio de Galicia

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.