займ срочно

Novo equipamento para os atletas de Negreira

0

Negreira, 24 de febreiro do 2022 – O campo de fútbol Jesús García Calvo de Negreira conta desde esta semana cunha nova zona deportiva para o adestramento dos atletas do concello.

A nova pista para atletas foi inaugurada polo alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez; o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; o concelleiro de Deportes, Ivan Guardado, así como a primeira tenente de alcalde, María del Mar García, a concelleira de Educación e Sanidade, Teresa Duro, e o presidente do Club Atletismo Negreira, Jose Manuel García.

Distintas disciplinas

Trátase dunha zona de 60 metros de longo que conta cun foso de area, permite a práctica de disciplinas como o triple salto, o salto de lonxitude, velocidade e a carreira de vallas.

Proximamente, incorporará un círculo para o lanzamento de peso e conta cun complemento de iluminación, a maiores do sistema de torres de luz do propio campo.

O acordo que permitiu a instalación no campo de fútbol servirá para que os atletas de Negreira vexan solucionadas, polo menos en parte, as necesidades de espazos de mellora que viñan demandando nos últimos tempos.

“Agradecemos profundamente a colaboración do presidente da Federación Galega de Atletismo e a súa receptividade ás demandas deste Concello comprometido co deporte”, destacou o rexedor, Manuel Ángel Leis.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies