Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Novo Encontro Americano na Granell

compostela encontros iberoamericanos na granell 4 marzo 2026_page-0001

Compostela, 04/03/2026 – Os Encontros Americanos na Granell teñen como fin ofrecer un espazo aberto de diálogo, ideas, debate e reflexión arredor de América. Un programa de conferencias mensuais que abordan temas culturais, políticos, sociais, económicos ou de actualidade, de interese público e carácter divulgativo.

A cita de este mércores día 5, a partir das sete da tarde, terá como conferenciantes a María Esther Velásquez, Maygra Isabel Guevara e Mónica Cea. O título “Mulleres Bravas: defendendo o común en Galicia e Honduras”.

María Esther Velásquez (Namasigüe, Honduras) na súa traxectoria combina compromiso social e defensa ambiental: participa en redes de mulleres que loitan contra a violencia de xénero e forma parte de plataformas que resisten fronte ás industrias extractivas conseguindo que o seu municipio se declarase libre de minería e megaparques de enerxías renovábeis.

Maygra Isabel Guevara Cruz dende moi nova implicouse na defensa comunitaria das zonas de pesca de Namasigüe, evitando que intereses empresariais se apoderasen das lagoas e canais tradicionais. Hoxe impulsa accións de conservación e xestión sostíbel a través da Asociación de Pescadores.

Desde A Ulloa, Mónica Cea, suma a súa voz desde o rural fronte ao macroproxecto industrial de Altri na defensa do territorio e da vida digna.

Mulleres Bravas é un proxecto conxunto de Amigas da Terra e Enxeñería sen Fronteiras como punto de encontro entre activistas de Honduras e Galicia. O proxecto aposta por tecer redes de solidariedade, recoñecendo o papel das mulleres como defensoras do territorio.

Nas conversas fálase de modelo produtivo, de sostibilidade e de igualdade, entendendo que a defensa ambiental é tamén unha cuestión de xustiza social. As experiencias do Sur Global e do rural galego dialogan. Mulleres Bravas non é só un proxecto: é un tecido vivo de voces, afectos e aprendizaxes compartidas.

Os Encontros teñen lugar na Fundación Eugenio Granell, organizados polo Grupo de Historia de América (HistAmérica) da USC, e cofinanciados pola Vicerreitoría de Estudantes e Cultura a través da súa convocatoria de axudas de dinamización cultural.

Os seus participantes son especialistas procedentes do ámbito académico americano, español ou europeo, así como profesionais vencellados á realidade da rexión nas súas múltiples facetas

Post navigation

Previous: Noia licita a dotación de subministros do albergue da Chaíza
Next: A Deputación impulsa a nova edición do concurso “#140enpositivo”

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.