Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Oroso
  • Xeral

Novo céspede para o campo de fútbol Lino Balado en Oroso

A Deputación da Coruña investiu 185.000 euros na renovación do céspede do Lino Balado.

A Deputación cofinancia o campo de fútbol Lino Balado en Oroso

Oroso, 24/03/2026 . O Presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, acompañado do deputado de Deportes, Antonio Leira, visitou o concello de Oroso onde foi recibido polo alcalde, Alex Doval, e polos portavoces dos grupos municipais.

Tratouse dun encontro institucional para poñer en valor a colaboración entre ambas administracións. Tras a recepción oficial desprazáronse ata o campo de fútbol Lino Balado, onde a Deputación financiou a renovación do terreo de xogo cun céspede artificial de última xeración.

A actuación contou cun investimento próximo aos 185.000 euros e permitiu dotar ás instalacións dun firme de alta calidade, que acadou o selo FIFA Quality Pro, garantía dos máis altos estándares internacionais en rendemento, seguridade e durabilidade.

Durante a visita, o presidente destacou a importancia do Plan Único (POS+) como ferramenta clave para o desenvolvemento dos concellos. “O Plan Único é a mellor mostra do compromiso da Deputación cos municipios, porque lles permite decidir con liberdade en que investir os recursos, adaptándoos ás súas necesidades reais”, sinalou. “En casi unha década, o Plan Único demostrou ser un instrumento  útil, áxil e eficaz, que está a transformar os concellos e mellorar a vida da xente”, engadiu.

Renovación do Lino Balado

A renovación do campo de fútbol Lino Balado responde á necesidade de substituír o céspede anterior, que presentaba un importante desgaste debido ao uso intensivo das instalacións.

A actuación consistiu na retirada da superficie existente e na instalación dun novo céspede sintético de última xeración, así como na revisión do sistema de drenaxe e na actualización da sinalización dos campos de xogo.

No campo Lino Balado xoga o Sigüeiro e adestran maís de 300 rapaces e rapazas das escolas deportivas de Oroso. Esta intervención súmase a outras financiadas nos últimos anos pola Deputación no ámbito deportivo no municipio como a renovación do terreo de xogo do campo de fútbol de A Penela ou o circuíto deportivo de Porto Avieira. A Deputación contribúe así a mellorar unhas instalacións deportivas de referencia no municipio, favorecendo a práctica do deporte en condicións óptimas.

Investimentos no tempo

A Deputación leva investidos en Oroso un total de 9.961.632 euros a través deste programa, que permitiron financiar 47 obras, ademais de centos de actuacións vinculadas ao gasto corrente que contribúen a mellorar a calidade de vida da cidadanía. No exercicio de 2026, o investimento inicial do Plan Único en Oroso ascende a 909.829 euros.

Ao longo dos últimos anos, os fondos do POS+ permitiron en Oroso executar actuacións moi diversas, centradas fundamentalmente na mellora das infraestruturas viarias, a reurbanización de rúas e espazos públicos, creación de sendas peonís, ampliación de redes de abastecemento e saneamento de auga nas parroquias, a mellora do alumeado público e eficiencia enerxética- como a levada a cabo na praza Alexandre Bóveda e a urbanización Porto Avieira, ou a renovación de equipamentos municipais. En total, o plan suma preto de 10 millóns de euros aprobados no municipio, dos que máis de 6,5 millóns se destinaron a investimentos e o resto a gasto social e mantemento de servizos. 

Post navigation

Previous: 177 contedores máis para a Mancomunidade Serra do Barbanza
Next: O programa integrado de emprego avanza no Sar

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.