займ срочно

Xogando as agachadas co novo centro de saúde de Teo

0

Teo, 10 de febreiro do 2022 – O proxecto do novo centro de saúde para Teo caeu nunha situación que se da demasiado a miudo. Todos están de acordo na súa necesidade pero non se poñen de acordo en como levalo a diante.

Un dos actuais centros de saúde de Teo

Ata o de agora as novas eran que hai previsto un novo centro de saúde para o concello que suporá 16 consultas de adultos, área bucodental, despacho de traballador social, área de infecciosos, consulta de urxencias, 4 salas polivalentes, toma de mostras, e área pediátrica con 4 consultas.

O centro de saúde dos Tilos epicentro do conflito

O concello tiña que ofertar unha parcela para a súa construción e este parece ser o problema. O concello ten dispoñible unha na Ramallosa. Ao mesmo tempo apoia á veciñanza dos Tilos que reclaman que se manteña aberto  o que existe na actualidade e que pecharía no caso de construírse o novo.

O Psoe levou unha iniciativa ao Parlamento sobre este tema. O argumento é claro: o actual servizo atende a 2.500 persoas que de manterse o Plan de Infraestruturas terían que desprazarse seis kilómetros para ser atendidos. A Comisión rexeitou, cos votos do PP, a modificación do plan.

Reubicar o novo centro

En este contexto desde a Xunta enviaron unha carta ao concello que segue a complicar o debate, O que se di é que o terreo da Ramallosa era adecuado para o proxecto inicial, no que se centralizaba todo o servizo do concello, pero que xa mudo e que agora se precisa un terreo no que aglutinar os servizos que se ofertan na actualidade en Cacheiras e nos Tilos.

O que se pide é que se oferte un terreo de 2.500 metros cadrados que, como é lóxico, estea na contorna dos dous centros a eliminar, Os Tilos e Cacheiras. Unha demanda que frea a futura infraestrutura xa que se pasa de ter proxecto e terreo a ter só os planos.

Todos de acordo.

Así as cousas o alcalde de teo, Rafa Sisto, convocou unha Xunta de voceiros e enviou unha solicitude de reunión co Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. Da xuntanza cos grupos políticos do concello o que saíu foi un consenso “o novo centro é irrenunciable, a construír o antes posible, e esta demanda non pode depender de diferentes opinións que se poidan ter respecto a temas concretos”.

Tamén coincidiron en que a situación de outro dos Centros de Saúde do concello, o de Pontevea, é moi deficitaria e non pode seguir así. Como remate ninguen ten a seguridade de que o traslado do proxecto desde a ramallosa a outro terreo máis próximo aos Tilos vaia solucionar as demandas dos veciños dos Tilos.

Resumo

O resumo é que hai un proxecto para un novo centro de saúde en Teo. Dito proxecto está incluído no Plan de Infraestruturas da Xunta de Galicia.

Ata o de agora existía un terreo dispoñible de inmediato na Ramallosa pero, polas últimas declaracións desde a Consellería, non serve xa que se quere levar o proxecto máis cerca dos Tilos e cacheiras.

Sobre as deficiencias no centro de Pontevea só se sabe que existen pero non hai un plan para solucionalas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies