Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lalín
  • Xeral

Novas doacións arqueolóxicas á Casa do Patrón

Mais de 2.400 restos arqueolóxicos do Castro de Doade, en Lalín, foron doados ao museo etnográfico Casa do Patrón procedentes da campaña 2021.
casa do patron restos arqueoloxicos 2 xunho 2022

Lalín, 2 de xuño do 2022 – Mais de 2.400 restos arqueolóxicos atopados no Castro de Doade, en Lalín, foron doados ao museo etnográfico Casa do Patrón procedentes da campaña 2021.

Dª Vanesa Trevín Pita, Arqueóloga directora da intervención foi a encargada de asinar a doación xunto co xerente da Casa do Patrón, como receptor dos restos, Don Manuel Blanco Villar.

A campaña arqueolóxica realizada no 2021 tiña como obxectivo a posta en valor turística do Castro de Doade. Os restos atopados foron limpados, siglados, fotografados, catalogados e inventariados antes da cesión..

Nesta importante campaña descubriuse o lenzo exterior da muralla orixinal do Castro e quedaron consolidados e musealizados 18 metros de parede, que se poden contemplar no propio xacemento. Xunto a esta nova parte están os lenzos externo e interno da outra muralla e as vivendas e demais construcións atopadas en actuacións anteriores.

Os visitantes da Casa do Patrón poderán descubrir os novos restos arqueolóxicos entre os que se atopan varios anacos de  cerámica con diferentes decoracións, algúns deles pertencentes ao mesmo cacharro, debidamente encaixados e pagados entre sí, restos de varios muíños circulares e naviformes, etc.

Podes ler máis sobre o museo Casa do Patrón nos seguinte enlace

https://lindeiros.net/tag/casa-do-patron/

Post navigation

Previous: Ratificada a condena a catro Garda Civís por abusos a un compañeiro en Noia
Next: A V Primavera no Camiño Inglés aprázase ao domingo 12 de xuño

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.