Ames, 6 de decembro do 2018 – A Aula da Natureza de Ames organiza para este sábado, 8 de decembro, a terceira e última saída micolóxica das tres programadas para este outono.
As persoas que se inscriban deberán estar ás 10.00h diante da Casa do Concello, en Bertamiráns, e as 10.15h na Casa da Cultura do Milladoiro. A saída para recoller cogomelos farase no porto da Gañidoira, no concello de Muras. Con esta saída micolóxica finalizan as actividades de achegamento ao mundo dos cogomelos.
Inscrición
Cada saída micolóxica conta con 45 prazas dispoñibles, polo que é preciso anotarse previamente, enviando o formulario de inscrición ao enderezo de correo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata este venres, 7 de novembro, ás 14:00 horas. Para obter máis información sobre esta xornada micolóxica pódese chamar ao número de teléfono 660 00 46 65, en horario de 9:00h a 14:00 horas.