Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ordes

Nova gaiola de lanzamento para as pistas de atletismo de Ordes

ordes-equipamento-gaiola-de-lanzamento-slide-2-de-marzo-do-2019_r

Ordes, 2 de marzo do 2019 – O secretario xeral para o Deporte e o alcalde de Ordes, José Ramón Lete Lasa e José Luis Martínez Sanjurjo, visitaron as instalacións deportivas de Vista Alegre onde se instalará unha gaiola de lanzamento.

Alcalde e Director Xeral Alí puideron analizar as zonas onde se teñen proxectadas unha serie de melloras de cara a este ano, ademais de intercambiar impresións. Un encontro no que tamén participaron tanto o primeiro adestrador como a presidenta do Club Atlética A Silva Ordes, José Domínguez e Olga Ferreiro. O secretario xeral anunciou a próxima instalación dunha gaiola de lanzamentos homologada, cuxo importe ascende a case 32.800 €.

O proxecto contempla demolicións previas, o acondicionamento do terreo e as cimentacións precisas mediante a aplicación de capas e a formación de zapatas de formigón armado. Posteriormente procederase coa instalación da gaiola propiamente dita, a cal levará sete postes verticais de aluminio e reforzados, dúas portas rectangulares con perfil de aluminio e dobre rede confeccionada con fío de polipropileno, así como outros elementos de seguridade. Por último aplicarase un pavimento continuo sintético na soleira da zona de lanzamento.

Ademais desta nova instalación hai que engadir o compromiso para levar a cabo unha zona de lanzamento de xavelina composta por corredor, arco e sector de caída. Con todo isto o complexo deportivo de Vista Alegre sería o primeiro en Galicia onde se poderán realizar simultaneamente lanzamentos longos de xavelina e de gaiola.

Martínez Sanjurjo aproveitou a visita de José Ramón Lete para amosarlle o complexo deportivo de Vista Alegre e, máis concretamente, os novos vestiarios e almacén nos que a Secretaría Xeral para o Deporte investiu 50.000 euros no ano 2016.

A provincia da Coruña verase beneficiada por obras que alcanzarán os 626.000 euros e nas que participará a Secretaría Xeral para o Deporte a través dunha achega de arredor de medio millón de euros.

Post navigation

Previous: Agadea Alzhéimer e o concello de Teo abren un servizo gratuíto para persoas con demencia
Next: Ames celebra mañá o Trail e andaina Ribeiras do Tambre

Máis novas

UNha das troitas mortas no río Cabró en Ordes
1 minute read
  • Xeral

Troitas mortas no río Cabrón en Ordes

Estrada N-550 ao seu paso por Ordes
4 minutes read
  • Xeral

Ordes e as rotondas motivo de enfrontamento político

Cartel que anuncia o acto de homenaxe a Manuel Viqueira o gaiteiro de Vilaverde
2 minutes read
  • Axenda

O Gaiteiro de Vilaverde terá unha estatua en Ordes

Imaxe das obras de demolición en Ordes
2 minutes read
  • Xeral

Denuncian a inseguridade dunhas obras de demolición do concello de Ordes

O socialista Aitor Bouza levou ao Parlamento a situación do centro de saúde de Ordes
2 minutes read
  • Xeral

Seguen as queixas polas deficiencias en centros de saúde

deputacion plan unico ordes 6 marzo 2026
4 minutes read
  • Ordes

A Deputación reclama máis investimento da Xunta na comarca

deputacion apoio ordes 12 febreiro 2026
2 minutes read
  • Ordes

Apoio da Deputación ás empresas e autónomos de Ordes

MANCOMUNIDADE ORDES VIOLENCIA DE XENERO 10 FEBREIRO 2026
2 minutes read
  • Ordes

Loita contra a violencia de xénero na Mancomunidade de Ordes

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.