Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Val do Dubra

Nova excavación no Castelo de Portomeiro en Val do Dubra

A USC comezou este luns en Portomeiro unha nova campaña dentro do proxecto “Castelos no aire”.

Vista aérea dos traballos no Castelo de Portomeiro. Foto: Víctor Vicente (Veterum Arq.)

Vista aérea dos traballos no Castelo de Portomeiro. Foto: Víctor Vicente (Veterum Arq.)

Val do Dubra, 5/05/2026 –  O proxecto científico “Castelos no aire” comezou onte unha nova campaña de escavación arqueolóxica no Castelo de Portomeiro (Val do Dubra). Os traballos céntranse na ampliación das áreas xa estudadas e na identificación de novas estruturas do xacemento altomedieval.

A intervención insírese no proxecto “Estratexias de Control Territorial en la Gallaecia Altomedieval (ConTroGAL)” que dirixe o investigador Mario Pereiro Fernández (SÍNCRISIS-CISPAC-USC) así como en “Escenarios de negociación y conflito en espazos de xestión comunal” (PID2024-155273NB-C43) que coordinan a investigadora Margarita Fernández Mier, da Universidade de Oviedo, e o investigador José Carlos Sánchez Pardo, de CISPAC-USC, e conta co apoio económico do grupo de investigación Aevum da USC.

Estes expertos dirixen a campaña de Portomeiro, que contará cun equipo interdisciplinar de arqueoloxía e persoal especializado en traballo de campo e ademais, como novidade, participarán tamén sete estudantes de mestrado de Arqueoloxía e do grao de Historia da Universidade de Santiago, reforzando a dimensión formativa da intervención.

O traballo centrarase no sector central do xacemento, coa ampliación da escavación no denominado Edificio 1. O obxectivo é completar a exhumación das estruturas xa identificadas en campañas anteriores e avanzar na definición da súa planta e da súa relación co resto do complexo arquitectónico. Tamén será importante o estudo da cerámica do período altomedieval que este xacemento está a achegar.

Para Mario Pereiro, esta nova campaña permitirá afondar no coñecemento da organización deste “excepcional asentamento, cunha primeira fase de época castrexa e unha segunda etapa como fortificación da alta idade media, un período para o que aínda hai poucos xacementos suficientemente ben coñecidos e escavados en Galicia”.

Post navigation

Previous: A Deputación achegará o legado de Begoña Caamaño a toda a provincia
Next: Máis de 460.000 euros na humanización de Lestedo

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.