Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda
  • Compostela

Outubro acollerá unha nova edición da SELIC

A Semana do Libro de Compostela, SELIC, volve á Quintana con editoriais, librerías e actividades de distinto tipo

compostela selic 15 setembro 2026 (3)

Compostela, 15/09/2026 –  A SELIC retorna a Compostela baixo o lema “Onde nacen os libros”. Unha campaña moi visual con tres carteis distintos que mostran o percorrido desde a creatividade ás mans dos lectores servirá para promocionar o evento.

Do 2 ao 11 de outubro a Quintana acollerá de novo a SELIC na que será a súa décima edición. Unha lectura colectiva na praza do Obradoiro, o vindeiro día 27, servirá de evento previo á inauguración da semana do libro de Compostela. Na carpa da Quintana participan 24 expositoras entre editoras, librarías, artistas e bibliotecas e a benvida inaugural correrá a cargo da poeta Ana Romaní.

A concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, presentou un avance da SELIC 2026. a Semana ponse como obxectivo por en valor “Compostela como berce e fogar non só de infinidade de artistas senón tamén dun altísimo número de editoras independentes”. Neste sentido, a concelleira indicou que “o foco está posto en todo o proceso que vai da idea ao do obxecto e iso reflectirase no tipo de obradoiros e de actividades que se van programar”.

Na presentación tamén participaron a deseñadora dos carteis desta edición, Laura Romero, a directora artística, Lorena Conde, o editor Quique Alvarellos de Alvarellos Editora e a libreira Chus Costoia da Libraría Pedreira.

Laura Romero explicou que no cartel deste ano, que volve a adoptar o formato de tríptico e mantendo as mesmas cores de fondo que o ano pasado, aproveitou para plasmar o proceso de “nacemento” dos libros desde a idea ata que chegan ás persoas lectoras.

O primeiro dos deseños, con fondo azul, está dedicado á creación, entendida como persoas escritoras e ilustradoras; o segundo, con fondo amarelo, está dedicada á edición, ilustrado con elementos referidos á fábrica e ás ferramentas; e o terceiro, con fondo rosa, está dedicado ás librarías e ao momento en que os libros chegan ao público lector. “É un resumo visual e imaxinativo, que foi moi divertido de facer, de como se fabrican os libros e como chegan á xente en tres carteis” asegurou.

Sobre o lema escollido para esta edición, Míriam Louzao tamén fixo fincapé en que “tampouco perderemos de vista a multiplicidade de ‘lugares simbólicos’ onde nacen os libros” e puxo como exemplos “a riqueza lingüística do noso idioma, que centrará unha das actividades que guiará Através Editora; ou a reflexión social e o pensamento crítico, que estará presente en obradoiros como o impartido por Brigitte Vasallo; ou a relación que a veciñanza establece coa súa cidade propia a través da literatura e dos libros, como é o caso da lectura colectiva que volveremos convocar na praza do Obradoiro, o domingo 27 de setembro”.

A programación completa farase pública o 23 de setembro a través da páxina web da SELIC, Lorena Conde fixo fincapé nas actividades previas. Ademais da lectura colectiva na praza do Obradoiro, explicou que este ano se ampliará a iniciativa “Paradas lectoras” que se realiza en colaboración con 7H.

A directora artística indicou que se trata dunha rede de “paradas” espalladas por distintos puntos do concello (parques, marquesiñas e centros socioculturais) que identificarán “espazos agradables para aproveitar para ler e que non son espazos convencionais”.

Adiantou que nalgunhas destas paradas se realizarán actividades para promover a participación activa da veciñanza. Tamén mencionou que nesta edición se está traballando co comercio de proximidade da Cidade Histórica para que se presenten como puntos lectores e integren espazos para o libro nos seus escaparates en colaboración coa SELIC.

Sobre a programación avanzou que integrará un gran número de obradoiros, un roteiro familiar guiado por Carlos Labraña, unha sesión DJ baseada en títulos de libros que se editan en Compostela, unha botica de remedios libreiros para todos os males, así como presentacións e sinaturas. A persoa encargada da benvida inaugural será a poeta Ana Romaní.

Pola súa banda, Henrique Alvarellos puxo en valor o papel da SELIC como espazo para que as editoras teñan ocasión de amosar o seu catálogo todo xunto e ter contacto directo co público lector. O editor salientou que Compostela ten un gran número de editoras e cunha importante diversidade en proxectos editoriais en lingua galega.

Neste aspecto, asegurou que a venda de libro en galego “está nunha crise profunda, cun 8% do mercado en Galicia, e a lingua está practicamente en SOS, e a SELIC sirve precisamente para intentar darlle a volta a estas estatísticas”.

Chus Costoia tamén secundou a idea da necesidade de pular polo libro en galego asegurando que “levo 45 anos coas libraría e levo 45 co mesmo discurso, por iso é tan necesario o apoio desde todos os ámbitos e o Concello de Santiago sempre apoiou con iniciativas coma esta”.

Tamén explicou que a SELIC non se circunscribe tan só aos dez días en que se instala a carpa na Quintana senón que se mantén a máis longo prazo, e puxo como exemplo os casos de persoas que chegan á libraría preguntando por libros presentados na SELIC.

A Semana do Libro de Compostela terá lugar na praza da Quintana, do venres 2 ao domingo 11 de outubro, en horario de tarde de luns a venres e de mañá e tarde nas dúas fins de semana.

Post navigation

Previous: Campaña solidaria de Vedra para cos animais
Next: Chega a Romaría de santa Minia

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.