Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Ames
  • Negreira

“Noites en Vela” na Ponte Maceira

Cartel das Noites en Vela 2026

Negreira_Ames, 05/07/2026 – Un ano máis os concellos de Negreira e Ames organizan unha das noites máis bonitas do ano na Ponte Maceira. As “Noites en Vela” convidan a sair e desfrutar na noite dun dos paraxes máis fermosos da bisbarra.

Os alcaldes de Negreira, Manuel Ángel Leis, e o de Ames, Blas García, presentaron esta edición das “Noites en Vela” no mesmo espazo no que se celebrarán. Leis destacou que “este é un evento importante para os dous Concellos. Conseguimos promover a nosa cultura musical, tradición, o Camiño a Fisterra – Muxía, e un lugar emblemático como é A Ponte Maceira, ben de interese cultural e un dos pobos máis bonitos de España”.

Pola súa banda Blas García indica que “as Noites en Vela xa é unha festa consagrada, que se celebra nun paraxe tan bonito como é A Ponte Maceira. É importante porque potenciamos a música tradicional. Por aquí pasaron Tanxugueiras ou Xabier Díaz, que acabaron sendo grupos moi importantes da música galega. Deste xeito seguimos apostando por grupo novos e emerxentes e grupos locais e da contorna”.

AS “Noites en Vela” 2026 comezaron a celebrarse no 2016 e só a pandemia obrigou a cancelalas, Este ano a cita será o 18 de xullo as 21:00 horas. Os grupos encargados de amenizar a noite serán o cuarteto Balteira e mailo grupo de gaitas amesán da Asociación Cultural Follas Novas.

Haberá tamén un espectáculo pirotécnico que poñerá o punto final á velada. O acceso ao evento é de balde. A actuación de Balteira está subvencionada pola Xunta de Galicia dentro do programa Cultura no Camiño 2026. Haberá un servizo de autobús gratuíto que percorrerá O Milladoiro, Bugallido, Agro do Muíño e Bertamiráns.

Balteira

Balteira nace a finais do 2025 en Betanzos da man de Cris Sánchez e Noa Migal (voces e percusións), Álex Fente (acordeón) e Pablo Pacior (ventos). A súa proposta céntrase na recuperación do repertorio oral galego, incorporando arranxos contemporáneos pero respectando a estrutura e a emoción das pezas tradicionais.

Os cantares que sempre encheron de festa os torreiros e as melodías instrumentais para o baile, son o eixo sobre o que xiran os seus concertos, mantendo o espírito da foliada desde a calidade técnica e interpretativa destes catro grandes da nosa música tradicional. Entre as gravacións xa editadas, destacan o Maneo de Anxeriz, con arranxo de Pedro Lamas, e a Muiñeira de Bardaos.

Os seus integrantes proceden de proxectos tan recoñecidos como Tiruleque, Xose Lois Romero & Aliboria, Comando Curuxás ou Habelas Hainas, e contan cunha grande bagaxe como intérpretes e docentes de música tradicional en diferentes asociacións e escolas de todo o país.

O nome da agrupación fai referencia á soldadeira medieval María Pérez “A Balteira”, figura histórica vinculada á liberdade e á transgresión social; fonte de inspiración e símbolo do carácter renovador do proxecto. Balteira é a forza da renovación na tradición galega.

Grupo de gaitas da AC Follas Novas

Por outra banda, o grupo de gaitas da Asociación Cultural Follas Novas está formado por socios/as e alumnos/as da asociación para difundir a música galega e colaborar animando as festas dos veciños en diferentes eventos (festas, actividades culturais…). Desta volta, participarán nas Noites en Vela interpretando varios temas de música tradicional galega.

Servizo de autobús gratuíto

O Concello de Ames habilita un servizo de autobús gratuíto que percorrerá O Milladoiro, Bugallido, Agro do Muíño e Bertamiráns. Deste xeito, preténdese facilitar á asistencia ao evento, así como evitar a masificación de vehículos particulares en A Ponte Maceira, lugar declarado ben de interese cultural (BIC).

A hora de saída do autobús será ás 20.00 horas desde O Milladoiro, e realizará paradas nas localidades mencionadas anteriormente, ata chegar A Ponte Maceira. O regreso farase unha vez remate a velada. As persoas interesadas en empregar este servizo deberán enviar un correo ao enderezo electrónico gabinete@ames.gal indicando nome, apelidos e un teléfono de contacto, ou chamar ao número 881 074 730.

Post navigation

Previous: ADEGA  asegura que ALTRI incumpre todos os obxectivos ambientais do Regulamento europeo para investimentos sustentábeis
Next: Santiago na literatura de viaxes románica

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.