Lousame, 22 de agosto do 2018 – A pista polideportiva do Sanguiñal acollerá hoxe mércores 22 de agosto, ás 22:00 horas, a última sesión das Noites de cine organizadas polo Concello de Lousame.
Nesta ocasión as Noites de Cine proxectarán a película “Arrugas”, un filme de animación galego baseado no álbum de banda deseñada do mesmo nome do debuxante Paco Roca.
Dirixida por Ignacio Ferreras e cunha duración de 89 minutos, “Arrugas” é un achegamento ao mundo do alzheimer a través da historia de dous anciáns nun xeriátrico. No caso improbable de choiva, a proxección trasladaríase ao auditorio da Casa da Cultura.