Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Noia
  • Xeral

Nova concentración ante o xulgado de Noia pola Mina de San Finx

A plataforma contra as verteduras das Minas de San Finx organizou unha concentración ante os Xulgados de Noia contra as denuncias da empresa.
noia-concentracion-contra-san-finx-slide-29-setembro-2023_r

Bisbarra, 29 de setembro do 2023 – A plataforma comarcal contra as verteduras das Minas de San Finx organizou unha concentración ante os Xulgados de Noia contra as denuncias da empresa.

A concentración celebrouse no momento no que o director facultativo da mina, Iván Losada, estaba chamado a comparecer ante os Xulgados para ratificar a denuncia presentada por Tungsten San Finx pola acción desenvolta por Ecoloxistas en Acción en xullo pasado.

Precisamente a raíz desta protesta e dos escritos remitidos a Augas de Galicia por ese colectivo e a Plataforma, iniciouse un procedemento que podería carrexar unha sanción de ata 300.000 euros á empresa, logo de comprobarse que os niveis de cadmio no río a poucos metros do tubo taponado superan 78 veces o máximo legal permitido.

Na vista tamén estivo presente o avogado de Ecoloxistas en Acción, que pediu ante a xuíza instrutora o arquivo da causa e a imposición de costas á empresa, lembrando que esta vén facendo un uso sistemático de denuncias falsas. Xa en 2017 interpuxera denuncias similares contra outras dúas organizacións ecoloxistas, logo de que estas alertaran á administración de ilegalidades cometidas pola empresa.

Para Ecoloxistas en Acción, “isto non é máis que unha tentativa desesperada da empresa de calarnos a través dunha acción xudicial contra a participación pública”, coñecidas como “SLAPP” en inglés. Por este mesmo motivo, puxeron o caso en coñecemento da Relatora Especial das Nacións Unidas sobre a situación das persoas defensoras de dereitos humanos, a irlandesa Mary Lawlor, que abriu un procedemento e trasladará os feitos á Embaixada de España ante a ONU en Xenebra.

Paralización do vertido

Durante a concentración, os portavoces da Plataforma, Joám Evans e Rogelio Santos, tamén cargaron contra Xunta, demandando que paralice o bombeo de case mil millóns de litros de augas contaminadas con metais pesados que irían a parar á ría de Muros e Noia, a tan só sete quilómetros da mina.

Lembrando que a autorización de vertidos foi ilegal de por si, indicaron que os reiterados incumprimentos de prazos pola empresa é motivo máis que suficiente para dar carpetazo a un proxecto que carece de avaliación de impacto ambiental e que causará enormes prexuízos ás millares de familias que dependen do marisqueo na comarca.

Post navigation

Previous: Reunión da alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, co alcalde de Ames, Blas García
Next: O concello da Baña reclámalle ao anterior alcalde sete teléfonos móbiles

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.