Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Noia
  • Xeral

O xulgado de Noia abre dilixencias penais contra Tugsten San Finx

O Xulgado de instrución de Noia ven de abrir dilixencias penais contra Tungsten San Finx, actual propietaria da mina de Lousame.
noia-xulgado-mina-san-finx-slide-17-maio-2023_r

Bisbarra, 17 de maio do 2023 – O Xulgado de instrución de Noia ven de abrir dilixencias penais contra Tungsten San Finx, actual propietaria da mina de Lousame.

Tugsten San Finx é filial da empresa australiana Pivotal Metals. O xulgado abre dilixencias tamén contra os seus administradores, Steven Turner e Susana García, por un presunto delito contra o medio ambiente e os recursos naturais.

O inicio deste proceso parte da denuncia presentada polos patróns maiores das Confrarías de Noia e de Portosín, Santiago Cruz e Isaac Gaciño, respectivamente, na que se incluía evidencia da contaminación que está provocando a explotación mineira situada en Lousame.

A denuncia incorporaba analíticas coas que se demostra a presenza no río de metais pesados procedentes dos vertidos ilegais realizados pola mineira de San Finx. Tamén se aportaban vídeos e imaxes nos que se observa o punto no que os vertidos se incorporan ao cauce.

Para as Confrarías denunciantes, a situación actual é só unha mostra do que podería acontecer a unha escala moito maior no caso de que se leve adiante o baleirado das plantas inundadas, que suporía duplicar o caudal do río cunha inxección de case 1000 millóns de litros por ano.

No seu escrito as confrarías tamén demostraron como entre 2017 e 2020 a mina bombeou ilegalmente augas contaminadas da quinta planta da mina, escavada sen autorización e que non figuraba no proxecto de explotación. Esta operación ilegal foi financiada a cargo dun proxecto europeo co que se pagou durante varios anos o salario do director da explotación mineira responsable polos vertidos realizados.

Novos frentes xudiciais en marcha

Ademais das dilixencias penais contra a empresa en Noia, o Xulgado de Santiago iniciou outro procedemento contra os funcionarios e altos cargos de Augas de Galicia responsables pola resolución de vertido concedida o pasado mes de febreiro. A isto súmanse outros dous procedementos xudiciais contra funcionarios e altos cargos do departamento de minas a raíz da situación irregular da propia mina de San Finx.

As confrarías anunciaron tamén que presentarán esta mesma semana unha demanda contra a autorización de vertido ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, unha vez que a Xunta non deu resposta ao recurso de alzada presentado por unha ducia de entidades a pesar da súa obriga de resolvelo en tres meses.

A todos estes procesos súmase que o pasado luns o colectivo Ecoloxistas en Acción e a Fundación Montescola presentaron unha demanda pedindo, en todos os casos, medidas cautelares para que o Tribunal paralice os vertidos antes de que estes causen un dano grave.

Post navigation

Previous: Músicas na Linde: Seráns en Feixoo
Next: Eleccións 23: 5 preguntas Ames

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.