Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Noia
  • Xeral

A Deputación reforma o local da Asociación Saúde Mental A Creba, de Noia

deputacion colaboacion a creba noia 29 setembro 2025 (1)

A Asociación recibiu a visita do presidente da Deputación, Valentín González Formoso e do alcalde de Noia, Francisco Pérez Caamaño, que supervisaron as obras nas novas dependencias.


Noia recibiu na última semana unha visita institucional do presidente da Deputación, Valentín González Formoso, durante a que tratou co alcalde, Francisco Pérez Caamaño, diversos temas de interese para a localidade.

Tras manter unha reunión no Concello e encontrarse con concelleiros e portavoces municipais de Noia, ambos trasladáronse ao local que a Asociación Saúde Mental A Creba está reformando para que acolla as súas novas instalacións, e a continuación, ata Barro, onde a Deputación, a través do Plan Único financiou unha actuación de mellora da seguridade viaria.

Formoso adiantou que ademais analizou co alcalde de Noia unha serie de actuacións en diversas infraestruturas que, a petición do rexedor, “se van ir acometendo entre este ano e o que vén”. Nese senso, asegurou que o esforzo da Deputación en investimentos en Noia “é elevadísimo desde sempre e vaino seguir sendo”.

Pérez Caamaño agradeceulle ao presidente esa colaboración, cunha achega de “practicamente un millón de euros ao ano” a través do Plan Único. “En moitos casos sobrepasa os investimentos da Xunta”, lembrou. “Sen ela, teriamos moi complicado poder atender servizos imprescindibles para a cidadanía e crear infraestruturas”, engadiu.

Valentín González Formoso e Francisco Pérez Caamaño visitaron o futuro local da Creba na compaña da deputada provincial de Política Social, Mar García, e do presidente da entidade, José Ramón Girón. Este explicoulles os pormenores do proxecto, que consiste na reforma integral dun antigo establecemento comercial para convertelo en centro de rehabilitación psicosocial e laboral. Estará destinado á atención e acompañamento de persoas con problemas de saúde mental.

O presidente da Deputación valorou que o apoio da institución provincial a esta actuación contribúe a “facer realidade” unha vella aspiración da entidade. Tamén destacou que se trata dunha iniciativa aliñada coas prioridades da institución provincial en materia de política social, igualdade de oportunidades e calidade de vida dos colectivos máis vulnerables. A achega, que a Deputación xa está tramitando, ascende a 200.000 euros.

Formoso sinalou que ese compromiso se enmarca dentro da permanente colaboración da Administración provincial coa entidade, que nos últimos sete anos se traduciu na concesión de 343.298,13 euros para o financiamento de diferentes programas de atención psicosocial e acondicionamento e equipamento de instalacións.

Un recurso estratéxico para a comarca

O centro será o único das súas características na comarca, polo que constitúe un recurso estratéxico para dar resposta a unha necesidade social e sanitaria de primeira orde.

Entre as actuacións previstas encóntranse a construción de novas divisións, o illamento do inmoble, a execución de instalacións e o equipamento. Habilitaranse espazos para obradoiros, salas de atención específicas e consultas psicolóxicas, ademais de zonas de administración e dirección. O novo local, cunha superficie total de 1.476,5 metros cadrados, disporá tamén de recepción, tenda, arquivo, almacén e aseos.

As instalacións darán cobertura ás comarcas de Noia e o Barbanza na prestación de atención tanto a persoas usuarias como a familias. Nelas ofreceranse obradoiros de capacitación para favorecer a reinserción sociolaboral e prestará atención psicolóxica especializada en espazos adaptados para a intervención terapéutica individual e grupal. A súa localización, nunha zona céntrica da vila, favorecerá a integración das persoas usuarias na vida comunitaria.

Dentro da súa visita institucional a Noia, Valentin González Formoso tamén tivo oportunidade de comprobar xunto ao alcalde o resultado das obras de mellora que o Concello acometeu, con cargo ao POS+2024, no treito de estrada comprendido entre o cruce de Barro e o cruceiro do mesmo lugar. A Deputación financiou na súa totalidade esa actuación, cuxo orzamento ascendeu a 221.497,97 euros.

Os traballos consistiron na renovación completa do pavimento da rúa, incluídas as beirarrúas. A nova capa de rodaxe executouse cunha mestura bituminosa de 6 centímetros de espesor e eleváronse catro pasos de peóns, que contan con pavimento táctil direccional e botóns. As novas beirarrúas contan cun acabado de formigón pulido. Baixo elas canalizáronse as augas pluviais e soterrouse a instalación da iluminación pública. As obras incluíron tamén a renovación completa da sinalización horizontal e vertical.

Investimento provincial no municipio

Durante os últimos dez anos, as achegas da Deputación a Noia ascenderon a 17.334.710,77 euros, e facilitaron a creación de 142 postos de traballo. Desa cantidade, 8.238.625,56 euros corresponden ao Plan Único, a través do que se destinaron 4.131.720,24 euros a investimento e 4.106.905,32 a gasto. Nese período, financiáronse 36 obras con cargo aos plans provinciais.

Post navigation

Previous: A Romaría de Santa Minia encheu Brión
Next: Parolando con Carlos Martínez, alcalde de Vedra

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.