Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Entrevistas
  • Noia
  • Touro
  • Xeral

Futuros alcaldes e mocións de censura

futuros alcaldes slide 30 xullo 2025

Falamos cos futuros alcaldes de Noia e Touro, Francisco Pérez e Jesús Reboredo, que estes días presentan nos seus concellos a documentación das mocións de censura.

Francisco Pérez, arriba, e Jesús Reboredo, abaixo

A sentencia do Tribunal Constitucional do pasado 16 de xuño que rectificaba o artigo 23.2 da LOREG abriu a porta a mocións de censura nas que, ata ese momento, ninguén pensaba. Na bisbarra Noia e Touro son os dous bo exemplos xa que desde a sentencia do Constitucional pasou pouco mais dun mes.

Falamos cos dous futuros alcaldes de Noia e Touro. Francisco Pérez, socialista, enfrontase en Noia a unha situación económica moi complicada que, a maiores, terá que resolver con conflitos laborales dentro do propio concello.

En touro o popular Jesús Reboredo ven de asinar un acordo amplo e detallado cun concelleiro. Darío Rey, nas antípodas ideolóxicas como ambos os dous recoñecen. Coa mina como primeiro tema enfróntase tamén a problemas como a perda do millón de euros do POS ou as múltiples necesidades das parroquias.

Todo está por suceder en realidade polo que imos de como se chega a estas situacións e coñecer un pouco as opinións dos dous futuros alcaldes.

Noia: Francisco Pérez, PSdeG

Francisco Pérez recoñece que se leva traballando na moción desde a sentencia do Tribunal Constitucional. A clave de bóveda do acordo (ademais da negociación entre PSdeG, Marea Veciñal  e BNG, que tampouco tivo que ser sinxela) é o concelleiro non adscrito Manuel Alamancos. Pérez destaca que hai un ano xa que deixou o goberno o que demostra o seu posicionamento contrario ao goberno do popular Santiago Freire.

Ao igual que sucede en Touro o feito de que haxa un concelleiro non adscrito abre a posibilidade, máis que en outros casos, que nun momento dado decida saírse do acordo igual que o fixo antes do goberno. Francisco Pérez ten claro que pode pasar con calquera concelleiro pero o feito de que desde hai un ano Manuel Alamancos estivera traballando na oposición inspíralle se cabe maior confianza.

Si en Touro a mina é algo que tapa todo en Noia multiplícanse os temas. As razóns que aduce Francisco Pérez para presentar a moción son ao mesmo tempo un caderno de ruta moi longo para dous anos aínda que asegura que o van intentar.

A determinación de Francisco Pérez terá que servirlle para resolver múltiples cuestións nun concello referencia na bisbarra. Faranlle falta os sons das arpas do Noia Harp Fest que comeza hoxe para coller folgos porque os vindeiros dous anos van a ser sen dúbida moi longos.

Touro: Jesús Reboredo, Partido Popular

A de Tpuro é a moción que máis sorprende; non tanto pola situación política xa que o alcalde, Roberto Castro, estaba en minoría e con todo o mundo en contra se non polos que asinan o documento.

O futuro alcalde, Jesús Reboredo, é un home do Partido Popular e Darío Rey, o concelleiro non adscrito, é claramente de esquerdas e cunhas conviccións moi fortes que se ven reflectidas no acordo. A primeira pregunta para o futuro alcalde é obrigada, como se chega aquí? Pois pese partir de lugares moi distantes acabaron coincidindo en moitos puntos, mesmo no tema da mina.

Unha das cousas que máis sorprenden do acordo e a concreción nos prazos para presentarse como acudidos nas causas xudiciais e na contratación dun equipo legal. Jesús Reboredo explica que se fará todo o rápido que sexa posible porque é de sentido común facelo.

Será a partir de que cheguen ao goberno cando se verá todo o que son capaces de facer. Non nos resistimos a preguntarlle a Jesús Reboredo por como son as conversas co Partido Popular sobre esta moción e que lle din desde a dirección do seu partido. O futuro alcalde é moi claro, sen o apoio do partido non estaría asinado.

O futuro alcalde de Touro ten unha viaxe complicada por diante. Poñer á veciñanza por diante terá que ser o primeiro e seguro que ten claro tamén que as maiorías no pleno terá que gañalas unha a unha.

Post navigation

Previous: IV edición do Holanola Lab Fest
Next: O sector do aloxamento di non á taxa turística

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.