Noia, 27 de novembro do 2018 – O Concello de Noia aprobara hoxe na sesión plenaria ordinaria do mes de novembro o convenio de adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU).
O Pleno terá lugar coma sempre na Casa Consitorial as oito e media da tarde. O acordo supón a delegación das competencias municipais de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística establecidas nos artigos 152 e seguintes da LSG, en relación coas obras e usos do solo que se executen sen licenza urbanística ou sen axustarse ás súas condicións.
Unha delegación sempre que as supostas actuacións estean situadas en solo rústico ou non urbanizable, solo urbanizable ou apto para urbanizar e núcleos rurais delimitados no planeamento urbanístico. O Concello de Noia conservará as competencias de reposición da legalidade e a potestade sancionadora, tendo que entregar o 50% do importe das multas coercitivas e sancións impostas pola APLU.