Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Noia
  • Xeral

Noia licita a dotación de subministros do albergue da Chaíza

O investimento previsto polo concello de Noia é de 44.000 euros e o obxectivo será permitir a súa apertura

noia albergue chaiza 4 marzo 2026

Noia, 04/03/2026 – Os albergues son sempre usado por peregrinos pero cada vez máis son tamén aloxamento para outro tipo de perfis. O concello de Noia ven de anunciar un importante investimento no da Chaiza.

Noia ven de sacar a licitación por 44.000 euros a dotación de subministros, unha actuación fundamental para permitir a apertura definitiva do albergue da Chaiza. O fibnanciamento procede dos fondos europeos, o que permitirá dotar a instalación dos servizos básicos necesarios para o seu funcionamento.

A actuación contempla a instalación dos subministros de electricidade, auga e saneamento, dos que carecía o que na práctica impedía a súa posta en marcha e uso efectivo. Grazas a esta inversión, o albergue poderá estar plenamente operativo previsiblemente para a próxima Semana Santa.

O alcalde de Noia, Francisco Pérez, e o tenente de alcalde, Manolo Seijas, visitaron recentemente as instalacións para coñecer de primeira man o estado actual e supervisar os avances realizados.

Durante a visita, o rexedor destacou a importancia desta actuación sinalando que “esperamos que isto teña unha dimensión turística importante, que permita atraer visitantes e consolidar a nosa oferta de aloxamento, especialmente en períodos de alta demanda como a Semana Santa”.

O Goberno local considera que a posta en funcionamento do albergue da Chaíza suporá un importante impulso para o sector turístico local, contribuíndo á dinamización económica e á promoción de Noia como destino atractivo tanto para peregrinos como para visitantes que escollen a vila para gozar do seu patrimonio, gastronomía e contorna natural.

O Concello destaca ademais o papel clave dos fondos europeos para facer realidade esta infraestrutura, que permitirá poñer en valor un espazo que ata o de agora non podía desenvolver todo o seu potencial e ampliar os servizos dispoñibles no municipio.

Post navigation

Previous: Músicas na Linde: Antía Muiño
Next: Novo Encontro Americano na Granell

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.