займ срочно

Noia ofrece catro días de festa no San Marcos 2022

0

Noia, 18 de abril do 2022 – O Departamento de Cultura do concello de Noia presentou a programación completa do San Marcos 2022, catro días de festexos que comezan este próximo venres.

Tras dous anos de pandemia o San Marcos recupera a rúa para que veciños e visitantes disfruten de Noia. As orquestas e os concertos xunto coa foliada e a feira cabalar centrarán as actividades das catro xornadas.

Programación San Marcos 2022

O venres comezan as festas a partir das oito da tarde co lanzamento de bombas de palenque. A música estará en dúas ubicacións. Na Alameda verbena coa orquestra New York e na praza do Curro co concerto de Vacas.

O San Marcos continúa o sábado cun roteiro cabalar desde as once da mañá e un pasarúas a cargo do grupo “Os Salgueiriños”. Tanto pola mañá como pola tarde haberá xogos populares para os cativos e non tan cativos no Campo da Feira. Pola noite de novo verbena na Alameda coa Orquestra Compostela e La Ola ADN. Mentres na Praza do Tapal concerto de Boomers e DR. Queen.

O domingo 24 terá lugar a V Foliada San Marcos desde as once e media da mañá. As seis da tarde na Praza do Tapal concerto de Ailá e na Alameda desde as nove e media actuación da Orquestra Paris que xoga na casa.

O luns 25 pechanse as festas coa Feira Cabalar e a exposición de maquinaria agrícola. Será no paseo de San Lázaro desde as dez da mañá. Xa pola noite a prquestra Marbella será a encargada de pechar o San Marcos 2022.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies