Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Noia
  • Xeral

Noia impulsa unha campaña para reducir os límites de velocidade

A policía local de Noia, conxuntamente co departamento de obras, márcase como obxectivo unha mellora da seguridade

noia llimites de velocidade 16 decembro 2025 SLIDE

O edil de Tráfico do Concello de Noia, Luis Alamancos, vén de poñer en marcha unha campaña dirixida á redución dos límites de velocidade nas estradas de titularidade municipal, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria e protexer tanto a peóns como a condutores.

A iniciativa, que se desenvolverá de maneira coordinada entre a Policía Local e o departamento municipal de Obras, contempla a rebaixa da velocidade máxima permitida de 50 km/h a 30 km/h, unha diminución de ata 30 quilómetros por hora en determinados tramos do viario municipal.

Esta medida aplicarase nas zonas de Noia de maior perigosidade, caracterizadas pola falta de beirarrúas, pola estreitez da vía ou por unha convivencia máis directa entre vehículos e peóns, co fin de reducir o risco de accidentes e aumentar a seguridade viaria.

Segundo sinalou o edil de Tráfico, Luis Alamancos, “esta campaña responde á necesidade de adaptar a velocidade ás condicións reais das vías municipais, priorizando a seguridade das persoas e fomentando unha mobilidade máis responsable e sostible”.

Desde o Concello de Noia faise un chamamento á colaboración da cidadanía, solicitando respecto polos novos límites de velocidade e polas indicacións da sinalización viaria, lembrando que unha condución máis prudente redunda nunha mellor convivencia e nunha maior seguridade para todos.

Post navigation

Previous: A Deputación cofinancia a ampliación da residencia de Boimorto
Next: Ames presenta a programación Cultural do primeiro semestre do 2026

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.