Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Noia

Noia reabre os Xardíns de Felipe de Castro

O Concello de Noia reabre os xardíns de Felipe Castro unha vez concluídas definitivamente as obras de remodelación.

Responsables do goberno municipal de Noia nos xardíns de Felipe Castro

Noia, 06/06/2026 – O concello de Noia ven de investir 90.000 euros os traballos de remodelación dos xardíns de Felipe Castro. O financiamento chegou a través de fondos europeos e as obras tiveron unha duración aproximada dun mes e centráronse fundamentalmente na renovación das infraestruturas existentes.

Entre as actuacións realizadas polo concello de Noia destacan a reparación da rede de saneamento, a recuperación da subministración eléctrica, que se atopaba interrompida, a mellora da corrente de auga e a posta ao día de distintos servizos básicos que presentaban importantes deficiencias.

Aínda que a obra estaba inicialmente prevista para rematar o pasado 27 de marzo, o Goberno municipal decidiu non recepcionala ao comprobar que o pavimento instalado pola empresa adxudicataria non se correspondía co contemplado no proxecto aprobado nin cos requirimentos establecidos por Patrimonio. Ante esta situación, o Concello esixiu a retirada do acabado executado e a colocación do previsto inicialmente.

Hai dúas semanas reiniciáronse os traballos para executar o pavimento correcto, quedando agora rematada definitivamente unha actuación que o Concello de Noia considera prioritaria tanto pola súa localización como polo valor patrimonial da contorna.

O alcalde de Noia, Fran Pérez, destacou que “as conversas coa empresa comezaron no mesmo momento no que rematou a obra e comprobamos que o acabado non era o que figuraba no proxecto. É certo que isto supuxo unhas semanas máis de espera, pero non lle damos maior importancia”.

Pérez subliñou ademais que “o importante é que hoxe Noia conta cun espazo renovado, cun acabado acorde ao valor patrimonial da contorna e que responde ao que se proxectara desde o principio”.

Pola súa banda, o Goberno municipal realiza unha valoración moi positiva do resultado final da actuación, que considera plenamente integrada na Alameda e en harmonía coa estética e os materiais empregados noutras intervencións recentes da zona, como a realizada no Campo da Feira.

Coa reapertura dos Xardíns de Felipe de Castro, o Concello dá por concluída unha actuación que permitiu recuperar e mellorar un dos espazos públicos máis representativos do municipio, garantindo ao mesmo tempo o respecto polos criterios patrimoniais e a correcta execución dos fondos investidos.

Post navigation

Previous: Os Luns do Ateneo reivindican a figura de Valentín Lamas Carbajal
Next: Humanización da rúa Rosalía de Castro en Negreira

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.