Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Noia
  • Xeral

Noia presenta o programa “É Nadal en Noia”

 “É Nadal en Noia” é un extenso calendario de actividades pensado para ofrecer propostas de lecer para todos os públicos.

NOIA NADAL 15 DECEMBRO 2025

O concello de Noia presentou a súa programación de Nadal baixo o lema de “É Nadal en Noia” e cun extenso programa de actividades. Na rolda de prensa participaron Francisco Pérez, alcalde de Noia, Abel Pan, concelleiro de Festexos, e Alba Expósito, presidenta da asociación empresarial Noia Histórica

Todos os presentes coincidiron en destacar a aposta decidida por un Nadal participativo, inclusivo e con forte impacto social e económico. Entre as principais novidades atópase a primeira edición do Mercado de Nadal, que converterá o Casco Histórico nun espazo cheo de postos de artesanía, mentres que a Alameda de Noia acollerá postos de alimentación e restauración.

Arredor destes dous emprazamentos desenvolveranse múltiples actividades, como obradoiros infantís, animación polas rúas e a presenza de personaxes tan queridos como o Grinch, o Apalpador e Papá Noel, que recibirá aos nenos e nenas na súa casa situada na Praza do Tapal.

O programa complétase cunha ampla oferta musical, con concertos no Palco da Música, así como pasarrúas e actuacións da Banda de Música Municipal e do Conservatorio, reforzando o protagonismo da música local durante estas datas.

Como novidade destacada, Noia celebrará tamén o día de Fin de Ano cunha programación especial. Pola mañá terá lugar unha festa de pre Fin de Ano na Alameda, con badaladas matinais e animación musical.

Xa pola noite, instalarase unha carpa climatizada exterior na Praza do Curro para celebrar a chegada do novo ano cunha gran festa animada pola Disco Chocolate.

O alcalde de Noia, Francisco Pérez, sinalou que “este programa busca que

Noia viva o Nadal na rúa, recuperando espazos emblemáticos e xerando actividade económica e social nunhas datas tan especiais para a veciñanza”. Ademais, destacou que “é unha programación pensada para todas as parroquias, idades e sensibilidades”.

Neste sentido, este ano Papá Noel visitará todas as parroquias de Noia e o Concello aposta por recuperar unha Cabalgata de Nadal á altura dunha vila como Noia, reforzando a tradición e a ilusión dos máis pequenos.

Pola súa banda, a presidenta de Noia Histórica, Alba Expósito, puxo en valor a colaboración entre a asociación empresarial e o Concello, destacando que “traballar da man permite crear un Nadal máis atractivo,

que anime á xente a mercar no comercio local e a gozar da vila”. Expósito lembrou tamén a participación da entidade no Sorteo do Décimo, unha iniciativa xa realizada o ano pasado que convida á cidadanía a reutilizar os seus décimos non premiados para participar novamente.

O concelleiro de Festexos, Abel Pan, anunciou que “hoxe ás 19:00 horas terá lugar o acendido das luces de Nadal na Alameda”, un acto que correrá a cargo da asociación pola saúde mental A Creba. O evento contará cun concerto de panxoliñas da Coral Polifónica de Noia e haberá chocolate e churros de balde para todas as persoas asistentes. Segundo Pan, “queremos que o inicio do Nadal en Noia sexa un acto participativo, solidario e cheo de ilusión”.

Desde o Concello de Noia animan a toda a veciñanza e visitantes a participar activamente na programación de “É Nadal en Noia”, un Nadal pensado para compartir, dinamizar a vila e encher as rúas de ambiente, tradición e esperanza.

Post navigation

Previous: Luís Penido: 0 carbono
Next: Inés Mosquera recibe o XXXVIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.