займ срочно

Nace unha Plataforma de afectados pola Mina de San Finx

0

Bisbarra, 13 de marzo do 2023 – A Confraría de Noia impulsa unha Plataforma comarcal de afectados pola explotación da mina de San Finx. 

A Plataforma nace despois da manifestación multitudinaria en contra do vertido de augas residuais autorizado por Augas de Galicia. Unha autorización que anticipa o permiso de explotación do complexo mineiro.

A esta Plataforma poderanse unir “todo tipo de colectivos, entidade, asociacións, empresas, clubs, partidos políticos… que entendan podan ser afectados directa ou indirectamente. O obxectivo, explican, será defender os seus intereses “ata as últimas consecuencias”.

A Confraría de Noia fai un chamamento “á cordura da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, para que paralice a executividade da autorización”, o que solicitou xa como medida cautelar urxente nada máis ter coñecemento da autorización.

As solicitudes de adhesión poderanse enviar ao correo electrónico da Confraría, cofradia@cofradianoia.org . Ao mesmo tempo manteranse reunións con distintos colectivos para que se sumen á iniciativa.

Impacto inminente

A Conraría lembra que de non suspenderse a autorización do vertido, que a empresa australiana pretende bombear desde as plantas inundadas da mina, “causará un enorme dano ambiental e prexuízo económico ao sector do mar, pois a ría de Muros e Noia está tan só sete quilómetros por debaixo da mina”.

Engaden que o baleirado das plantas inundadas, que require un bombeo e vertido constante de grandes proporcións, que incluso duplicaría o caudal do río durante a maior parte do ano, non soluciona nada nin posibilita a actividade mineira se esta carece, como ata o de agora, das preceptivas autorizacións ambientais.

Ademais, o baleirado das plantas inundadas non é unha acción puntual, se non que implica un bombeo e vertido continuado que, de pararse, levaría ao punto de partida, isto é, a reinundación da mina, só conseguindo poñer en risco sen ningún propósito toda a actividade de marisqueo na ría.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies