займ срочно

Noia licita a renovación do pavimento da rúa Igrexa

0

Bisbarra, 24 de maio do 2023 –  Noia vén de sacar a licitación as obras de renovación do pavimento existente na rúa Igrexa, na parroquia de Santa Cristina de Barro.

As obras na rúa da Igrexa teñen un orzamento previsto de 57.642,44 euros e un prazo de execución máximo de 3 meses. As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 1 de xuño na Alcaldía do Concello de Noia.

O alcalde, Santiago Freire, explica que esta actuación ten como obxectivo “mellorar o estado actual dunha das rúas máis importantes de Barro, pois dispón de acceso dende a AC-550 e desde a estrada da Deputación que percorre a parroquia, ao tempo que aproveitaremos para rozar e limpar a vexetación existente no borde das beirarrúas, sobre todo na zona onde están os contedores de recollida do lixo”.

O alcalde engade que na rúa da Igrexa está emprazada unha gran área comercial, o que supón que soporte un tráfico notable durante todo o día, tanto peonil como rodado. Os traballos consistirán no asfaltado con 6 centímetros de un material realizado con mestura bituminosa en quente, sobre o que se realizará o correspondente pintado viario.

A maiores, aproveitarase para rozar e limpar a zona da vexetación existente no borde das beirarrúas e na zona dos contedores do lixo, onde se cambiará a base de zahorra compactada por outra de pavimento continuo para evitar que medre a vexetación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies